jueves, 12 de abril de 2012

As declaracions de "dubidosa solvencia" do Sr. Trías

Hoxe divúlganse por varios medios xornalísticos unhas declaracións de Don Xavier Trías, alcalde de Barcelona, nas que realiza unha serie de valoracións sobre o impacto que o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2012 ten na súa Cidade. Así soubemos que está en desacordo coas partidas orzamentarias previstas que xulga insuficientes e que considera as contas de inxustas.

Nada hai de anormal que un responsable político, en uso da súa liberdade de expresión, manifeste as súas discrepancias e reivindique mais.

O que mais preocupoume e certamente molestoume, foron as súas gratuítas criticas ás partidas orzamentarias para a alta velocidade a Galicia.

En concreto dixo que se trata de "un investimento de dubidosa solvencia"

Estas declaracións son unha réplica doutras anteriores do pasado ano tamén de representantes de CiU que cualificaron de "sangría "ao investimento no AVE a Galicia, chegando a afirmar que "sería suficiente con mellorar a liña convencional e adaptala ao transporte de mercancías"

Debo dicirlle ao Sr. Trias que se hai algo de "dubidosa solvencia" son as súas inaceptables manifestacións sobre o nosso AVE.

Mentres en Galicia esperamos desde fai anos pola conexion em alta veocidade, afortunadamente os barceloneses poden desde o 20 de febreiro de 2008 viaxar a Madrid en trens de Alta Velocidade, a 310 km/hora e en 2 horas e 30 minutos.

Desas melloras ferroviarias para Barcelona eu persoalmente alégrome moito.

Peo a triste realidade é que os 2.794.516 galegos que vivimos na nosa querida terra non imos ter en varios anos outra alternativa para viaxar en ferrocarril a Madrid que seguir utilizando os servizos convencionais de longa distancia que deixan moito que desexar en calidade dos trens e sobre todo en frecuencias e en tempos de viaxe.

Para coñecemento do Sr. Trias infórmolle que ao día de hoxe o número de servizos diúrnos prestado por Renfe-Operadora entre Madrid e Galicia, é único en cada sentido.

Un tren que en sentido a Madrid ten dúas ramas: De A Coruña sae ás 14,15 e de Pontevedra ás 12,50 h. Ambas ramas saen xa unidas de Ourense ás 15,49 e chegan a Madrid-Chamartín ás 21,08 . O tempo de viaxe é no primeiro caso de 6 h. e 53 min. E de 8 h. e 18 min no segundo.

E se de servizos nocturnos falamos, entre Madrid e Galicia atopariámonos con soamente dous en cada sentido e 10 horas de viaxe.

O Sr. Trías sabe moi ben que desde Barcelona saen a data de hoxe 28 trens con destino a Madrid (deles 27 son AVE) que poden facer o percorrido a partir de 2 h. e 30 min.

¿Son xustas e razoables estas diferenzas? ¿É coñecedor o Sr. Trías destas circunstancias? ¿Admitiría o Sr.Trias para Barcelona uns servizos ferroviarios de longa distancia con Madrid con estas frecuencias e estes penosos tempos de viaxe?

Saiba o máximo rexedor da ciudad condal que os galegos temos dereito ao tren de alta velocidade e que non imos consentir que actitudes tan insolidarias como a do Sr. Trias pretendan torpedeala. A situación actual do tren de longa distancia en Galicia é altamente deficitaria e aseguro que a posta en servizo da alta velocidade xerará demanda e riqueza, como o acreditan os estudos de viabilidade realizados.

Por outra banda quede non debe descoñecer o Sr. Trías que os atrasos monumentais que acumula a conexión ferroviaria a Galicia teñen moito que ver coas carencias de anteriores orzamentos e das inxentes faltas de execucións orzamentarias.

Mentres eso ocurria desde o Goberno socialista priorizábanse presupuestariamente e apuraban as obras para que chegase o AVE a outros territorios, entre outros a Cataluña.

Executar a conexión entre Olmedo e Ourense non é ningún malgasto, nin é un investimento "dubidosamente solvente" pola contra é unha urxente e perentoria necesidade, dado o noso carácter periférico e os continuos diferenciais que padecemos en materia de infraestruturas do transporte respecto ao conxunto do país.

Os galegos e en xeral os que vivimos no cuadrante noroeste de España non queremos que ninguén nos regale nada, só que se cumpra o comprometido e se faga efectiva a necesaria solidariedade e cohesión territorial. E afortunadamente o actual Goberno de España, priorizou neste proxecto de orzamentos este corredor ferroviário com consignacións xustas e axeitadas, sen desatender os demais corredores.

Recomendo ao Sr. Trias que defenda o seu, pero respectando aos demáis e sen querer privar aos galegos dos investimentos que en xustiza lles corresponden.