Vinte anos de Alta Velocidade en España



Na maña de hoxe asistín na miña condición de presidente da Comisión de Fomento ao acto conmemorativo do XX aniversario do AVE, que  presidiu a Ministra Ana Pastor.

Repasou en cifras o que representou a Alta Velocidade en España: case tres mil quilómetros de infraestruturas ferroviarias as cales transportaron un total de 141 millóns de pasaxeiros; 300 trens circulando diariamente, dando servizo a cen mil viaxeiros; aproximadamente 10 millóns de turistas españois e estranxeiros que utilizan este medio de transporte anualmente; e resaltando como a alta velocidade está actuando como catalizador económico nas zonas ás que chegou.

Na súa intervención resaltou  que o investimento previsto polo Goberno en 2012 de 4.200 millóns de euros en alta velocidade ten como obxectivo continuar impulsando este transporte para completar a rede en todo o conxunto do país, que o cohesione e equilibre territorialmente.

E así sinalou que polo devandito motivo é fundamental a finalización dos máis de 1.700 quilómetros de ferrocarril de alta velocidade que están agora en marcha, como a conexión co País Vasco, o AVE a Galicia ou a Alacante, entre outras.

Tamén aludiu á necesidade de estar mellor conectados e comunicados co resto de Europa e para iso dixo que o seu Ministerio ten como máxima prioridade unir España con Francia a través de Cataluña por alta velocidade, cun investimento en 2012 de case 350 millóns de euros.

Igualmente recordou que actualmente España é o primeiro país de Europa en quilómetros de alta velocidade en servizo e o segundo do mundo (só por detrás de China), e que grazas a esta rede transversal e mallada de vías facilítase a cohesión social, o crecemento económico e a mobilidade dos cidadáns.

Así mesmo,Ana  Pastor recordou que ao longo dos catro últimos lustros hase invertir mais de 46.000 millóns de euros na Alta Velocidade sendo o sector ferroviario un dos principais activos do sistema económico español.
Con la tecnología de Blogger.