lunes, 5 de marzo de 2012

O PP de G plantexa que o Estado incentive as CC AA con boa planificación orzamentaría

Hoxe estiven en Compostela nunca reunión dos chamados maitines na que o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, afirmou que o PP de G plantexa que o Estado incentive económicamente ás comunidades que presenten boa planificación orzamentaria. 

Segundo o número dous do PPdeG, é certo que Galicia conta con indicadores económicos mellores que os de España e indicou que se se dividisen as comunidades entre as que supoñen un problema para o Estado e as que representan un certo alivio estatístico para o país, Galicia sería das segundas. 

Como lembrou Rueda, os populares levan tres anos facendo os deberes e cinguíndose a todas e cada unha das recomendacións efectuadas polo Goberno central no que a rigor orzamentario se refire. De feito, as leis de teito de gasto que Madrid aproba agora levan meses tendo vixencia en Galicia. 

Por iso, para o número dous dos populares galegos, posto que o trato das comunidades co Estado non é uniforme porque unhas cumpren as súas directrices e outras non, quizá chegase o momento de que tampouco o trato do Estado sexa igual con todas as autonomías. 

Na nosa dos populares, a xestión responsable dos recursos de todos, que debeu ser norma pero parece que en realidade é excepción entre as comunidades españolas, debe contar con certos estímulos por parte do Executivo central. 

Segundo Rueda, o trato do Goberno non pode ser homoxéneo entre autonomías e hai que buscar fórmulas de incentivar a boa praxe económica dos territorios. Non se trata, por tanto, de premiar economicamente aos gobernos que fagan ben o seu traballo, pero si de conseguir que non dea o mesmo facer as cousas ben que facelas mal. 

Como explicou Rueda, trátase dunha proposta que queda pendente de ser concretada porque habería que definir qué mecanismos existen para crear eses incentivos ou premios á boa xestión, pero os populares consideran que a través da asignación de recursos públicos estatais poderíase conseguir esa motivación extra. 

Do mesmo xeito que a Xunta ou outras administracións condiciona as súas subvencións a determinados criterios, a Administración central podería facer algo similar a través das diferentes ferramentas de planificación económica que ten á súa disposición. 

Segundo o dirixente popular, os datos macro da economía nacional serían peores sen Galicia, e por iso o PPdeG cre que o Estado podería estudar formulas coas que recoñecer ese labor. 

Esta fórmula comezará a plantexarse de maneira informal a partir de mañá mesmo no Consello de Política Fiscal e Financeira e traballaremos en diferentes ámbitos para poder tratala nun futuro de forma máis concreta.