Rolda de prensa sobre a reforma laboral


Comparecin hoxe na sede do PP de Ourense acompañado da deputada Ana Belén Vázquez, así como dos senadores Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Juan Manuel Jiménez, para ofrecer unha rolda de prensa e analizar o Real Decreto Lei de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral aprobado o 10 de febreiro e que foi convalidado o pasado xoves co apoio de 197 deputados. Reforma Laboral que recentemente ten aprobado o Goberno de Mariano Rajoy.

Dixen que tamén acordouse por unanimidade a súa tramitación como proxecto de lei o que abre a posibilidade de que sexan presentadas enmendas polos Grupos Parlamentarios e así poder mellorar o texto. Logo virá unha discusión en Comisión, onde estará como vocal a deputada Ana Vázquez, e finalmente irá aos plenos do Congreso e do Senado.

Lembrei os recentes datos do desemprego, que en España se sitúan en 5.273.600 persoas, con 1.575.000 fogares con tódolos seus membros activos en paro. En Galicia, a cifra de paro rexistrado a 29 de decembro se sitúou en 274.675 persoas demandantes de emprego, mentras que no tocante a Ourense, son 30.406 as persoas sen traballo.

Estas cifras foron ampliadas pola senadora Carmen Leyte dende o punto de vista da situación do paro rexistrado das mulleres, con 2.358.834 desempregadas en España, 131.030 en Galicia e 15.660 en Ourense (sendo mil máis as mulleres ourensás en paro que os homes). Destacou Carmen Leyte que a Reforma Laboral aporta importantes mecanismos para a conciliación da vida familiar e laboral, con novos modelos de contratos a tempo parcial e teletraballo e desmentiu o bulo interesado de que a devandita reforma ía variar os períodos de lactancia, algo totalmente falso.

Tendo en conta as cifras do desemprego, que sitúan a tasa de paro en España no 22,85%, duplicando a tasa media na UE, e cunha tasa de paro xuvenil do 48,6%, sinalei que a Reforma Laboral “é a que tíñamos que facer, pensando nos cidadáns e especialmente nos máis de 5 millóns de persoas que queren traballar e non poden”, indicando que esta reforma aposta polo emprego estable e de calidade, pola formación dos traballadores como dereito e polo decidido apoio aos autónomos e pemes, que representan máis do 95% do tecido productivo español.

Tamén puxen de manifesto que a Reforma Laboral facilita a contratación e aumenta a flexibilidade interna para que ante as dificultades, as empresas se poidan axustar á realidade económica do momento e que o despido sexa sempre o último recurso. Asemade, esta reforma dará maiores oportunidades aos xóvenes. E ao resto de colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, que axudará a frear a destrucción de emprego e a sentar as bases para que España recupere a senda de creación de emprego.

Expliquei tamén polo miúdo as claves da devandita reforma:

1.- Máis emprego. A reforma pretende crear un marco estable que permita a creación de emprego en España cando se recupere a senda de crecemento económico. Autorízase, ademáis, ás Empresas de Traballo Temporal para actuar como axencias privadas de colocación, xa que contan cunha ampla rede de sucursais e de experiencia.

2.- Maior estabilidade no emprego. Impulsarase con medidas tales como o novo Contrato Indefinido de Apoio aos Emprendedores, destinado a autónomos e pemes de ata 50 traballadores; deducción en conta fiscal de 3.000 € ás empresas que contraten ao seu primeiro traballador de menos de 30 anos; os emprendedores que contraten a un traballador en paro poderán deducir fiscalmente o 50% da prestación por desemprego que viñera cobrando o traballador durante un ano; bonificacións dirixidas a colectivos con especiais dificultades para a súa incorporación ao mercado laboral (xóvenes e parados de longa duración, con bonificacións de 3.600 e 4.500 euros, respectivamente). Por último, limítase o encadenamento de contratos temporais máis aló dos 24 meses.

3.- Máis flexibilidade para que o despido sexa o último recurso. Co fin de facilitar a adaptación das condicións laborais para que traballadores e empresa poidan superar xuntos a crise, reducindo a rixidez laboral (elimínase o ríxido sistema de clasificación por categorías profesionais e se xeneraliza o sistema de grupos profesionais, facilitando a adaptación dos traballadores a novas funcións); outorgando maior flexibilidade interna ás empresas; e reforzando a negociación e os acordos entre traballadores e empresarios.

4.- Máis oportunidades para os traballadores. A reforma da máis liberdade a empresarios e traballadores para buscar mecanismos de flexibilidade que favorezan o mantemento do emprego e que melloren a empleabilidade dos traballadores, potenciando a formación (se introduce o permiso retribuido de 20 horas anuais para este fin); o teletraballo e os contratos a tempo parcial.

5.- Loita contra o fraude. Pon en marcha mecanismos contra o absentismo laboral inxustificado, a economía mergullada e o trato discriminatorio. Eliminase a vinculación do grao de absentismo do traballador co da plantilla para xustificar o absentismo como causa de despido. A partires de agora só se terá en conta o absentismo do traballador.

6.- Máis eficacia do mercado de traballo. A reforma impulsa a contratación indefinida, a estabilidade no emprego e da ferramentas a traballadores e empresarios para que o despido sexa a última opción á que se recurra ante unha situación de crise. A reforma outorga unha maior seguridade xurídica e transparencia ás relacións laborais entre traballadores e empresarios e respeta o principio de causalidade no despido. Deste xeito, se obxetivan as causas da extinción do contrato de forma procedente, cuxa indemnización se mantén nos 20 días e se xeraliza a indemnización de 33 días para o despido improcedente. Elimínase o denominado “despido express”, que prácticamente facía que o despido fora libre, caro pero libre (7 de cada 10 despidos eran express).

7.- Maior diálogo social. O Presidente do Goberno ten demostrado dende o principio que contaba cos axentes sociais e que valoraba o diálogo social e, por iso, antes de ser investido Presidente lles solicitou que chegaran a un acordo. Os axentes sociais teñen realizado un esforzo de responsabilidade e compromiso cun acordo en materia de moderación salarial, flexibilidade, negociación colectiva e solución extraxudicial de conflictos.

Por último, valorei a recente convocatoria de folga xeral para o vindeiro 29 de marzo. Sinalei que se trata dun dereito constitucional e, polo tanto, amosei o máximo respeto a esa decisión. Nembargantes, dende o punto de vista político, sinalei que “non é o máis acertada, pois este país non se pode permitir perder unha xornada de traballo” ademais de que perxudica a imaxe de España nun momento crítico e que ademais hai vías de diálogo permanente abertas.


http://www.divshare.com/download/17015318-f9d
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/03/13/pp-garantiza-ourense-crecera-reforma-laboral-medio-o-plazo/631949.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/03/13/pp-reitera-estudio-soterramiento-afecta-plazos-ave/0003_201203O13C7992.htm
http://www.ourensedixital.com/_novas/12/03/13_03.htm





 

Con la tecnología de Blogger.