martes, 7 de febrero de 2012

Liñas básicas da reforma laboral


Hoxe compareceu no Congreso e por primeira vez nesta legislatura a Ministra de Emprego e Seguridade Social  a onubense Fátima Báñez quen aproveitou a súa comparecencia para explicar as liñas principais da reforma laboral, cuxo contido íntegro, anunciou, coñecerase o vindeiro venres, tras a reunión do Consello de Ministros, que se enmarcan nas seguintes premisas:

- Reducir a dualidade do mercado laboral español, impulsando a creación de emprego estable e de calidade, en liña cos requirimentos dun crecemento máis equilibrado e sostible.

- Pór en marcha mecanismos efectivos de flexibilidade interna nas condicións de traballo nas empresas, que melloren a súa adaptación aos cambios nos mercados e promovan o mantemento do emprego.

- Recoñecer o dereito á formación profesional como un dereito individual dos traballadores. Así, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social estudará a posta en marcha dunha conta formación, que acompañará ao traballador ao longo de toda a súa vida laboral para garantir o seu dereito á formación permanente e a mecanismos efectivos de recualificación.

- Elevar as oportunidades das persoas desempregadas, con particular atención aos mozos, reordenando para iso a política de bonificacións á contratación indefinida para facela máis eficiente e eficaz, facendo máis atractivos para empresas e traballadores os contratos para mozos e mellorando os mecanismos de intermediación laboral.

- Adecuación da regulación laboral ás necesidades específicas de autónomos e microempresas, proporcionando maior flexibilidade e capacidade de adaptación.

- Reforzo dos mecanismos de control e prevención para evitar comportamentos que poidan levar inherentes un trato discriminatorio contra os traballadores, ou un absentismo laboral inxustificado.

- Impulso a medidas de conciliación da vida laboral, persoal e familiar de todos os traballadores, procurando a consecución duns horarios máis racionais e acometeranse plans específicos de reinserción laboral.

Ademais, a ministra anunciou dous plans no marco da xestión do Ministerio de Emprego e Seguridade Social:

Neste sentido, a finais de marzo aprobarase en Conferencia Sectorial, o Plan Anual de Emprego 2012 onde actuarase de forma prioritaria para tratar de reducir a actual taxa de paro xuvenil; mellorar a empleabilidade dos colectivos afectados pola situación de paro; establecer mecanismos de avaliación das actuais políticas activas para facelas máis eficaces e eficientes; e reforzar os mecanismos de colaboración Pública-Privada, de tal forma que facilitemos os emparellamentos entre oferentes e demandantes de emprego.

Igualmente, a ministra aseverou que o seu Ministerio terá "tolerancia cero" fronte á fraude nas políticas activas de emprego. Neste sentido, anunciou a posta en marcha dun plan no ámbito do emprego, que mellore os controis en materia de protección por desemprego e de bonificacións á  contratación, así como naqueles programas de políticas activas de emprego de ámbito estatal.

En relación coa formación, Fátima Báñez anunciou dúas grandes medidas: a reforma da formación profesional que, segundo asegurou, "será un gran proxecto conxunto que comezaremos nos próximos meses a articular en estreita colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deportes". En segundo lugar, e para garantir o dereito do traballador á formación permanente e a mecanismos efectivos de recualificación, asegurou que se está estudando a posta en marcha dunha conta de formación, que acompañará ao traballador ao longo de toda a súa vida laboral.

En relación co traballo autónomo, a ministra subliñou que o Goberno de España apoiará máis que nunca o traballo autónomo e o espírito emprendedor como axentes activos e imprescindibles para o crecemento e o desenvolvemento econónlico.

Fátima Báñez avanzou, na mesma liña, que un dos primeiros proxectos que o Goberno levará ao Congreso será a Lei de Apoio aos Emprendedores que conterá medidas concretas no ámbito da fiscalidade, o financiamento, a tramitación administrativa e a xestión laboral. E que se desenvolverá conxuntamente cos Ministerios de Economía e Competitividade e con Facenda e Administracións Públicas.