Galicia foi a segunda comunidade que rexistrou menor déficit no ano 2011


Na anterior entrada facía un balance xeral dos datos oficias de déficit de 2011 divulgados polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Nesta quero reflexionar sobre a importancia que ten o feito de que Galicia fora a segunda comunidade autónoma que rexistrou no pasado exercicio un menor déficit público, cun 1,61% do PIB, case a metade do rexistrado de media polo conxunto das autonomías, que se elevou ao 2,94%.

Un ano máis, ao igual que en 2009 e en 2010, as comunidades de Madrid y de Galicia son as que presentan un mellor comportamento.

Coido que é necesario resaltar a firme determinación do Presidente Alberto Núñez Feijóo desde que accedeu a presidencia da Xunta en abril de 2009 en acadar que Galicia fora unha comunidade solvente e fiable, e así garantir a prestación dos servizos basicos e tamén ser un exemplo para o conxunto de España.

Esforzo que temos que valorar aínda mais tendo en conta que tivemos que padecer unha lamentable actuación do anterior Goberno central, o do Sr. Zapatero, que non cumpriu o sistema de financiamento autonómico, deixando de transfeir o Fondo de Cooperación en 2011, que achegaría 243 millóns de euros á autonomía. Nese caso o déficit da Comunidade galega situaríase por debaixo do obxectivo de déficit do 1,3% do PIB.

Non quero nin pensar que sería da nosa Comunidade Autónoma sin este compromiso do Goberno de Feijóo coa austeridade e a estabilidade orzamentaria.

Parabens e ánimo para seguir nesta difícil pero necesaria tarefa.





Con la tecnología de Blogger.