martes, 14 de febrero de 2012

Actividade Parlamentaria


Hoxe tivemos sesión do Pleno do Congreso que comezou co debate de dúas Proposicións non de Lei. A primeira delas, do Grupo Parlamentario de UPyD sobre o estatuto dos ex presidentes do Goberno e a promoción das iniciativas lexislativas necesarias para garantir a transparencia no seu réxime de retribucións, quedou rexeitada con 26 votos a favor, 291 en contra e 3 abstencións.

A segunda Proposición non de Lei, do Grupo Parlamentario PNV, expón un Plan de Dereitos Humanos, e foi aprobada, coa incorporación dunha emenda do Grupo Popular, por 306 votos a favor, 14 en contra e 1 abstención.

Despois foron debatidas as mocións consecuencia das interpelacións urxentes. A primeira, formulada por por EU, ICV-EUiA, CHA, sobre o cumprimento do "Plan Nacional de Reserva Estratéxica de Carbón 2006/2012 e o Novo Modelo de Desenvolvemento Integral e Sostible das Comarcas Mineiras", que non saíu adiante, ao obter 127 votos a favor e 192 en contra.

E a moción defendida polo Grupo Socialista acerca da política de estabilidade orzamentaria do Goberno para as Administracións Públicas en desenvolvemento das previsións do artigo 135 da Constitución Española, rexeitouse con 108 votos a favor, 180 en contra e 32 abstencións.

Mañá ás 9 horas, renóvase a actividade coas quendas de preguntas e de interpelacións urxentes da sesión de control ao Goberno.


E o Pleno reunirase novamente o xoves, para debater e votar a convalidación ou derrogación do importante Real Decreto Lei de saneamento do sector financeiro.