sábado, 14 de enero de 2012

Na senda das reformas e do control do déficit

Onte celebrouse o Consello de Ministros no que o titular de Facenda e Administracións Públicas, presentou un informe sobre o Anteproxecto de Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade das Administracións Públicas, que o Goberno aprobará en breve.

Esta norma comprometida polo PP no seu programa electoral, é un elemento clave para o control do déficit público e para avanzar no crecemento económico e na creación de emprego.

Os obxectivos básicos do citado Anteproxecto son garantir a sustentabilidade orzamentaria de todas as Administracións Públicas, fortalecer a confianza nas posibilidades da economía española e cumprir cos compromisos asumidos e que deberán asumirse ante a Unión Europea.

A norma, trata de buscar medidas a curto e medio prazo, e non só responde a unha situación conxuntural, senón que pretende trasladar unha mensaxe de compromiso co control do déficit público xeneral e permanente.

Ademais anticípase aos requirimentos da gobernanza económica europea.

Na rolda de prensa posterior ao Consello, a vicepresidenta Soraya Sáenz explicou os aspectos fundamentais da norma:

A especificación dun límite de déficit estrutural que deixe claro a marxe de manobra e de actuación de todas as Administracións Públicas e que dea carácter estabilizador á política fiscal.

O establecemento dun límite de débeda pública como garantía da sustentabilidade orzamentaria.

A formulación dun marco orzamentario a medio prazo, dentro do que se inclúe a elaboración do Orzamento, pero tamén unha programación moito máis ampla.

O reforzo dos mecanismos sancionadores fronte ás Administracións. Terase moi presente a reincidencia e a gravidade do incumprimento.

Obrigacións das Administracións Públicas:

Ao finalizar o período transitorio, todas as Administracións públicas deben presentar equilibrio ou superávit.

A vicepresidenta tamén concretou que se cumpre esta obrigación cando o déficit estrutural non supere o 0,4 % do PIB. Ademais, para alcanzar este obxectivo fixaranse límites de débeda e teitos de gasto para todas as Administracións.

A débeda das Administracións públicas non poderá superar en conxunto o valor de referencia do 60% do PIB salvo en caso de circunstancias excepcionais, como catástrofes naturais, recesión económica grave ou situación de urxencia extraordinaria.

Tanto o Estado, como as Comunidades Autónomas e as grandes cidades, deberán aprobar un teito de gasto previo á elaboración dos seus orzamentos.

Aprobarase unha regra de gasto para todas as Administracións que incorporará a normativa europea nesta materia.

Estableceranse mecanismos que permitan corrixir a desviación no déficit e na débeda no caso de que se produzan.

Sáenz de Santamaría asegurou que tamén se reforzarán os principios de transparencia.

A todo proxecto de Orzamentos de cada Administración Pública deberá acompañar a equivalencia e o déficit ou superávit en termos de contabilidade nacional.

Os orzamentos deberán recoller información sobre niveis de endebedamento, investimentos de empresas públicas, datos de evolución da dúbida pública, avais outorgados, obrigacións non imputadas ao orzamento e compromisos de gasto derivados das fórmulas de pago aprazado.

Tamén neste Consello de Ministros a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, informou ao sobre o estado da negociación da reforma laboral entre sindicatos e patronal.

Ata o momento o que os axentes sociais trasladaron ao Goberno e á opinión pública é un acordo sobre temas moi puntuais e insuficiente, sen que haxa acordo dos asuntos troncales da reforma laboral, como a contratación, a flexibilidade interna e externa, a negociación colectiva ou o absentismo.

A vicepresidenta recordou que os axentes sociais teñen o fin de semana para intentar fortalecer o acordo, pero o luns 16 acaba o prazo. Por iso, apelou á súa responsabilidade e pediulles que cando estean sentados na mesa de negociación pensen nos millóns de parados deste país e invitou aos axentes sociais, a que reflexionen e busquen acordos nos temas claves e troncais da reforma laboral.

Engadiu que o Goberno, en calquera caso, exercerá a súa responsabilidade e que lle gustaría facelo baixo a base dun acordo amplo dos axentes sociais.