martes, 20 de diciembre de 2011

No debate de Investidura: Rajoy reitera o seu compromiso cos sectores naval, pesqueiro, lácteo e agrario e confirma o seu compromiso co AVE galego


Hoxe pola mañá continuóu o debate de Investidura e en resposta ao voceiro do BNG, Mariano Rajoy, reiterou o seu compromiso cos sectores estratéxicos de Galicia, como son o naval, pesqueiro, lácteo e agrario, así como coa súa vertebración territorial a través da alta velocidade.

Co deputado Guillermo Collarte
Foi testemuña o presidente da Xunta e a Presidenta do Parlamento de Galicia que estaban presentes na tribuna de autoridades. Debate que tamén seguimos con interese os deputados e senadores galegos desde o hemiciclo.

Arrancou pois a lexislatura cun novo presidente que confirmou que irá a Bruxelas a pedir o levantamento do veto á construción de buques civís por parte dos estaleiros galegos; a negociar con intensidade as cotas pesqueiras, de forma que se beneficie a flota galega; a mellorar a Política Agraria Común (PAC) e, por tanto, a poñer cara e voz ás reivindicacións galegas no seo da Unión Europea.

Hai que salientar á súa vez o compromiso de Rajoy co AVE galego que impulsou coa colaboración do PP de Galicia e que confirmará agora téndoo como un dos seus programas estratéxicos en canto a comunicacións ferroviarias.

Foi razoable a decisión de Rajoy de non anticipar hoxe prazos antes de coñecer a realidade das contas públicas e, sobre todo, coa firme vontade de non volver a un debate en torno ás datas que a experiencia de oito anos de socialismo confirma que foi inútil e pouco produtiva.

Estas foron a suas palabras:

"En relación con los temas que usted ha planteado -tengo aquí apuntados algunos-, en materia de infraestructuras lo que no voy a hacer es anunciar que el AVE va a estar terminado en el año 2012 o en el año 2009 o en el año 2015. Lo que no voy a hacer es engañar a la gente ni generar falsas expectativas. Ya sabemos que usted ha mostrado su apoyo a gobiernos que han anunciado que iba a ser en el 2009 -que ya no es-, que iba a ser en 2012 -que ya no es- o que iba a ser en 2015. Lo que le puedo decir es que me he comprometido a finalizar el AVE, que lo haré con plazos reales, sin engañar a nadie, intentando hacerlo lo antes posible e intentando concretar a la mayor brevedad un compromiso viable para lograr que Galicia esté conectada por AVE con la meseta en el menor plazo posible. Eso es a lo que me puedo comprometer ahora, pero a lo que no estoy dispuesto es a dar una fecha para incumplirla, porque de eso ya hemos visto mucho a lo largo de los últimos tiempos."

Quedou claro que o AVE galego está, entre as prioridades do vindeiro presidente do Goberno e a súa palabra vale máis que a retahíla de prazos inxustificados que foron ofrecendo os gobernos do PSOE durante a súa estancia no poder e que incumpriron coa complicidade do BNG.