martes, 29 de noviembre de 2011

Galicia reduce o seu déficit público


A vicepresidenta do Goberno de Asuntos Económicos e ministra de Economía e Facenda en funcións, Elena Salgado, presentou onte os datos homoxéneos da execución orzamentaria das comunidades autónomas ata o terceiro trimestre deste ano, dando cumprimento así ao acordo alcanzado o 24 de novembro de 2010 no Consello de Política Fiscal e Financeira para ofrecer unha maior transparencia na información económica-financeira das CCAA.

Así sabemos que nos primeiros nove meses do ano, os ingresos non financeiros das CCAA diminuíron un 3%, mentres que os gastos non financeiros presentaron un descenso do 2,81% respecto ao mesmo período de 2010, dando como resultado un déficit orzamentario en termos de PIB do 1,19% a 30 de setembro de 2011.

Por comunidades autónomas, os datos de execución orzamentaria a 30 de setembro arroxan un saldo negativo, salvo no caso do País Vasco, que presenta un resultado positivo do 0,60%.

En relación ao resto, a Comunidade Foral de Navarra (-0,06%), a Comunidade de Madrid (-0,47%), Canarias (-0,51%), A Rioxa (-0,56%), Galicia (-0,82%), Aragón (-0,89%) e Illes Balears (-0,97%) presentan un déficit interior ao 1% do PIB; outra seis, Andalucía (-1,11%), Cantabria (-1,19%) e Castela e León (-1,25%), Cataluña (-1,34%), Principado de Asturias (-1,57%) e Extremadura (-1,98%) sitúanse por baixo do 2%; mentres que a, Comunidade Valenciana (-2,32%), Rexión de Murcia (-3,03%) e Castela-A Mancha (-4,84%) están por encima desa porcentaxe.

Polo tanto Galicia cun déficit público do 0,82 %, foi a cuarta comunidade con mellor comportamento, a case medio punto do obxectivo marcado no Consello de Política Fiscal e Financeira (1,3 % para o 2011) .

Lembremos que a Comunidade galega foi unha das dúas únicas que cumpriron o obxectivo de estabilidade orzamentaria en 2009 e 2010, grazas á política de rigor e austeridade imposta polo goberno de Alberto Núñez Feijóo.