viernes, 25 de noviembre de 2011

Apoio maioritario dos ourensans residentes no exterior ao Partido Popular

O pasado día 23 foi realizado pola Xunta Electoral Provincial o escrutinio do voto remitido polos electores incluidos no censo de residentes no exterior (CERA),

O resultado foi que e PP  obtivo na provincia de Ourense un total de 1.664 votos, fronte aos 1.033 do PSOE e 133 do BNG.

O PP de Ourense cun porcentaxe do 54 % supera a todas as demais provincias galegas, e mesmo á media de Galicia (48,65%). 

En  Pontevedra o PP acadou o 51,56%, en A Coruña o 46,01%., e finalmente en Lugo o PP  o 43,76% dos sufraxios.

Este resultado, sumado ao acadado o pasado día 20, fai que o Partido Popular de Ourense confirme que é a provincia de Galicia con maior apoio ao PP (56,65%) superando en catro puntos a media galega e en 12 puntos a media de España.

Grazas aos electores residentes no exterior pola súa confianza.