Non podemos permitir que se devalúe a solvencia española


Diante das ameazas de que a débeda española podería ter unha depreciación dun 2%, como resultado de valorar a débeda do Estado a prezo de mercado, o Partido Popular advirte que de consumarse tal feito tería un efecto negativo na confianza internacional sobre a solvencia da economía española.

Así o noso responsable económico Cristóbal Montoro instou ao Goberno socialista a non aceptar fórmulas en Europa que  supoñan un recorte do valor da débeda española, nin as relativas a quítas nin as aplicacións de prezo de valor,  aínda que sexan provisionais.

O Partido Popular advirtiu que o que está en xogo é o euro de dúas velocidades e España non pode ir á segunda velocidade.

Do mesmo tenor son as declaracions de Mariano Rajoy de non aceptar que se cuestione a capacidade do Tesoro  español de cumprir os seus compromisos.

Ademais de danar aos bancos, que deberían provisionar cifras moi importantes, encarecería o financiamento das administracións e dificultaría o acceso ao crédito, o que afastaría a recuperación.

Rajoy declarou que temos que ser un Estado fiable e cumpridor, que non cre problemas aos demais, e por iso cumprir o compromiso de deixar o déficit deste ano no 6%, en nun 4,4% no 2012.
Con la tecnología de Blogger.