Hoxe asistín aos Almorzos Informativos de Europa Press pois interviña a voceira do GPP no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría, quen ante un numeroso e atento auditorio abordou temas de primeira orde e actualidade, entre eles:
Avanzou que a reforma laboral que planea o PP se gaña as próximas eleccións xerais non afectará á cobertura da protección por desemprego e afirmou que fará todos os números que sexan necesarios" para permitir o próximo ano a actualización das pensións contributivas en función do IPC, 'conxeladas' en 2011 polo Goberno socialista.
Resaltou o importante que sería lograr un "acordo polo emprego" que inclúa a grupos políticos e axentes sociais, así como abordar unha reforma laboral que teña entre os seus piares principais unha "boa negociación colectiva" e aumentar a "flexibilidade interna das empresas".
Manifestou que os últimos datos macroeconómicos indican que as previsións de ingresos do Goberno "non se están cumprindo" e que o gasto puido crecer "en partidas importantes", o cal tamén influirá na decisión que tome o PP respecto aos salarios dos funcionarios, afectados polos recortes de 2010.
Defendeu a intención do PP de reducir o 25% de alto cargos e o 50% de persoal eventual na Administración pública, así como revisar outros custos, como o da contratación de servizos, porque España "non" pode permitirse unha administración ineficiente".
Tamén avogou por unha reforma da educación española que aposte pola calidade, a excelencia e a competitividade dos mozos.
Finalmente anunciou que o PP promoverá unha "profunda reforma" do Banco de España para que sexa un supervisor eficaz que garanta a transparencia e o bo goberno das entidades financeiras, especialmente se manexan fondos públicos.