Balance de sete anos e seis meses do goberno socialista en materia de infaestruturas


Hoxe en Santiago de Compostela tivemos unha reunión da Xunta Directiva do PPdeG que adicamos a facer balance da xestión do Goberno de Zapatero nos sete anos e seis meses que leva durado. Tivemos a palabra os cabeza de lista ao Congreso das catro provincias, e o presidente do PP de G, Alberto Núñez Feijóo.

Tocoume abrir o acto, cunha intervención para facer o balance en materia de infraestruturas que polo escaso tempo que tiven, adiquei a falar de alta velocidade.

Lembrei nos catorce anos do primeiro período do socialismo na democracia (1982-1996) non se realizou apenas ningún investimento no ferrocarril galego que supuxera unha mellora estrutural.

E que tivo que chegar en 1996 un Goberno do PP para que as cousas comezaran a cambiar, primeiro tivo que sanear as contas públicas para logo despois completar as autovías no 2001.

Citei o Convenio para a Modernización do Ferrocarril Galego subscrito co Ministerio de Fomento de Arias Salgado en 1998 que foi o primeiro gran paso e que despois virían o primeiro convenio para a chegada da Alta Velocidade de decembro de 2000 con 961 millóns de euros e o acordo do Simposio Galicia-Viaria de xaneiro de 2001, celebrado en Santiago de Compostela, onde, nun documento asinado polo entón ministro de Fomento Álvarez Cascos e Manuel Fraga, se fixaban, entre outras actuacións a desenvolver de forma coordinada, a modernización da rede ferroviaria de Galicia cun programa de alta velocidade para incluír no Plan de Infraestruturas 2000-2007.

A partir de entón foron dándose pasos importantes, desenvolvendo estudos e proxectos e comezaron as primeiras licitacións de obras en Galicia, mentres continuaba o trazado desde a variante do Guadarrama cara a nosa terra.

Recordei que o 21 de xullo de 2001 colocábase a primeira travesa da alta velocidade en territorio galego, co que se iniciaba a modernización do Eixo Atlántico.

Aludín a que como resposta o accidente do Prestige de novembro de 2002, o Consello de Ministros reunido na Coruña en xaneiro de 2003 baixo a presidencia de José María Aznar aprobaba un ambicioso plan de actuacións: o Plan Galicia, un auténtico compromiso de Estado con fixación de prazos para garantir á Comunidade unha posición territorial atractiva e competitiva, incluíndo o acurtamento de prazos para as actuacións necesarias para a chegada da alta velocidade a Galicia

Por aquel tempo, o Goberno central respondeu positivamente á demanda do Goberno galego de executar as obras de alta velocidade cara ao centro de España, de forma simultánea en ambos extremos, acometéndose as primeiras actuacións no tramo Santiago-Ourense. Aquelas obras, xunto coa inauguración dos primeiros 10 kms. da vía de alta capacidade do Eixo Atlántico o 17 de xullo de 2003, permitiron apreciar os avances desta infraestrutura en Galicia.

Lembrei que cando tomou posesión o 28 de abril de 2004 a ministra Magdalena Álvarez, o BOE xa tiña publicada a adxudicación polo Gobierno do PP do proxecto e obra de dez dos doce tramos do AVE Ourense-Santiago. Gracias ó traballo decidido do entón Conselleiro Alberto Nuñez que arincou esos importantes compromisos ao Goberno Central.

Dixen que a partir dese infausto día de comenzo da primeira legislatura de Zapatero o AVE galego entrou nunha nova noite de pedra socialista, cos cinco anos (2004-2009) de infausto recordo pois a ministra Álvarez chegou ao máximo desprezo da planificación para as infraestruturas de Galicia.

E que xa desde inicio e á vista de que os socialistas, de novo no executivo, pretendían negar a propia existencia do Plan Galicia, desde o Grupo Parlamentario Popular, os deputados galegos presentamos unha moción que tiven a honra de defender e que foi aprobada por unanimidade . cos votos de Zapatero, Rubalcaba e Blanco - no Congreso o 22 de xuño de 2004, na cal instábase ao Goberno a comprometerse a finalizar as infraestruturas do Plan Galicia nos prazos fixados polo anterior Executivo, establecendo un calendario exhaustivo a este respecto. Eran entre outros para o AVE Eixo Atlántico: 2007, para o AVE Santiago-Ourense: 2008 e para o AVE Lubián-Ourense: 2009.

Prazos que a partires de 2006 os socialistas comezaron a esquecer e propuseron un novo horizonte: 2012, que defendieron con moita intensidade, incluido o Secretario de Organización do PSOE que respaldaba con ardor os prazos dados pola ministra Álvarez. Citei a modo de exemplo a entrevista dada ó Correo Gallego o 2 de febreiro de 2008 en que aínda pódese leer na web do PSOE e na que literalmente decía “Se lo digo honestamente, estoy deseando que llegue el 2012, habrá tren de alta velocidad”

Lembrei que as portas da campaña das autonómicas de 2009 o PSOE iniciou unha monumental campaña de desprestixio do PP e vendendo tanto o Sr. Touriño como o Sr. Zapatero o prazo de 2012 como ó definitivo da chegada a Galicia da Alta Velocidade. Os feitos acreditaron á gran mentira desta afirmación.

Logo falei de cómo o 7 de abril de 2009 cesou Magdalena Álvarez e chegou a Fomento, José Blanco que no debate da sua primeira comparecencia no Congreso o 26 de maio de 2009 manifestou “Antes había moita fuxida cara a adiante, daqueles que puñan prazos que se sabía que non se podían cumplir” e así un medio galego o día seguinte titulaba:”El Gobierno reconoce que desde hace años se sabía que el AVE no llegaría a Galicia en 2012.”

Dixen que despois daquel debate e na búsqueda de unha leal colaboración foi asinado o 21 de xullo de 2009 entre José Blanco e Alberto Núñez Feijóo no Hostal dos Reis Católicos un Protocolo entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia sobre o Desenvolvemento da Rede Ferroviaria de Alta Velocidade: O Pacto do Obradoiro.

Pacto que constituía un obxectivo compartido por ambas as administracións, a necesidade de impulsar de forma decidida o despregamento da alta velocidade ferroviaria en Galicia para que o conxunto da liña estea en servizo ao redor de finais de 2015, cun calendario que de detallaba a continuación.

Recoñecin como no conxunto do ano 2009 o Goberno de España cumpriu o Pacto do Obradoiro, e desde a Xunta e o PP recoñecémolo e felicitamos ao Ministerio.

Pero denuncie o incumprimento flagrante dos copromisos de licitacion do ano 2010 xa que dos 3.362 millons que debían licitarse so o fixeron con 196,6 millones de euros. Un ano 2010 perdido para as licitacións, como o foron os anos 2005, 2006, 2007 e 2008.

Falei logo do ofrecemento o 13 de diciembre de 2010, polo Ministro Blanco dun novo esquema a través de dunha macrolicitación de mais de 6.000 millones de euros que nas sus palabras, “blindaría o AVE e permitiría garantir a chegada a Galicia a finales de 2015”

Macrolicitación que foi fallida, pois o Consello de Ministros de data 8 de abril de 2011 decidiuu levar polo sistema presupostario convencional e por importe de 3.046,0 millones toda a plataforma entre Requejo e Ourense.

Logo puxen de relieve que según o estudo realizado pola Xunta de Galicia, co novo sistema proposto por Fomento, de licitación-execución, e sendo optimistas, o AVE a Galicia desgraciadamente non poderá estar operativo ata o primeiro semestre de 2018.

Din tamen conta de que a día de hoxe aínda quedan máis de 2.100 millóns de euros por licitar das obras de plataforma de conexión da alta velocidade de Galicia entre Requejo e Ourense (o 69 % do total) e pendentes de adxudicar 3.097,5 millones (o 98,31 %).

Pechei a miña intervención lembrando que a conexión de alta velocidade a Galicia, como calquera gran infraestrutura necesita polo menos tres factores imprescindibles: vontade política, suficiencia financiera e capacidade técnica.

Terá que chegar un Goberno do PP a España para en primeiro lugar sanear as contas públicas e despois rematar o treito mais complicado da conexión de AVE con Galicia.


Finalicei coas palabras de Mariano Rajoy en Soutomoaior o e de setembro de 2011: “Finalizar o Ave a Galicia e pagar o Ave a Galicia será a prioridade do meu goberno en materia de alta velocidade ferroviaria”





Celso Delgado co resto dos cabezas de lista do PPdeG from PPdeG on Vimeo.
Con la tecnología de Blogger.