miércoles, 7 de septiembre de 2011

O sistema educativo e crise económica


Quero compartir plenamente a decisión da Consellería de Educación Xunta de Galicia, que dirixe Jesús Vázquez de proceder a reorganización horario dos docentes que se comezará a aplicar neste curso.

Unha decisión que é imprescindible adoptar nus momentos de grave crise económica, sendo pois obrigado facer un uso eficiente dos recursos dispoñibles.

Uns cambios no horario lectivo que son coñecidos desde que foi publicado no Diario Oficial de Galicia o pasado 23 de xuño, de xeito que regula a xornada laboral dos docentes de educación infantil e primaria que segue sendo de 37,5 horas semanais, dentro das cales as horas lectivas pasaran de 21 a 25, equiparando o horario ao que teñen na maioría das comunidades autónomas e o 80% dos mestres do Estado.

Recuperase o establecido nunha Orde de 1987 e que foi cambiada no 2007 polo goberno bipartito e que supuxo un gasto de 60 millóns de euros.

Estou claramente a favor dos obxectivos da Xunta da reorganización horaria é da mellora da calidade da ensinanza pública e de proporcionar máis atención e apoio aos alumnos con maiores dificultades.

É moi de agradecer, neste difícil momento, a comprensión e o esforzo dos docentes que acreditan a sua profesionalidade e entrega coa comunidade educativa.