miércoles, 24 de agosto de 2011

Previsibilidade de Rajoy fronte á frivolidade de Rubalcaba


Como dicía na anterior entrada, a principal novidade do Pleno de onte foi a proposta de Zapatero de reformar a Constitución para si asegurar a estabilidade orzamentaria.

O certo é que xa fai máis dun ano, en concreto, o 25 de xuño 2010, Mariano Rajoy, nunha intervención no Foro Nova Economía asegurou que promovería un consenso político en España para que a Constitución recollese os principios da estabilidade orzamentaria, "algo parecido" ao que xa fixo Alemaña”. Ademais Considerou "imprescindible" unha nova normativa de disciplina orzamentaria que estableza teitos de gasto e de endebedamento de todas as Administracións e insistió en que non é posible recortar o gasto público sen reformas institucionais profundas que eviten duplicidades, porque "se todos fan de todo, non se usan ben os recursos, e estes son agora escasos".

Pois ben, esta razoable e seria proposta tivo a seguinte reacción do que hoxe é candidato polo PSOE nas próximas eleccións xerais, Alfredo Pérez Rubalcaba, que o 26 de xuño de 2010 nun discurso pronunciado na Ia Convención Municipal dos Socialistas de Mallorca, pediu a Rajoy que diga "algo útil" á cidadanía española, en lugar de propor un cambio da Constitución Española para acabar coa crise nun "plis-plas". Ademais na súa intervención preguntou a Rajoy se realmente "ten algo máis que dicir, ademais da idea xenial de cambiar a Constitución", porque logo de tres anos de lexislatura "é hora de que diga algo útil á cidadanía e non só para se mesmo, porque se non, ou non ten propostas, ou non quere que se saiban, que é o que creo".

Pero non só o Sr. Rubalcaba descualificaba a proposta de Rajoy, o propio presidente Rodríguez Zapatero, o 14 de xullo de 2010 con ocasión do Debate sobre o Estado da Nación dixo:

“Estamos esperando a que o Partido Popular presente unha reforma a través dunha lei que permita reducir o déficit e estabilizar e consolidar o futuro fiscal do noso país. Esperamos as súas reformas, ata nalgún momento as súas políticas e as súas medidas, máis que criticar as nosas ou os cambios de posición, e o máis orixinal, o máis novo que escoitamos foi - non hoxe aquí, que isto é sorprendente; isto si que me pareceu bastante sorprendente- , senón nun almorzo deses pola mañá, onde, logo da gran expectación que se creou, anunciou que ía presentar, por fin, o programa económico. Durou un día a expectación e o programa e non tivo o valor de presentalo aquí, no Parlamento, ante todos os españois e ante toda a Cámara. É verdade que había unha medida orixinal, habíaa, foi a que máis eco tivo, que era reformar a Constitución para impedir o déficit. Unha reforma que, como saben, é rápida, dado como é o noso procedemento de reforma constitucional, e que sería moi eficaz para combater a conxuntura da crise económica. Esa foi toda a reforma orixinal que lle oímos nos últimos meses e que non ten nin fundamento, nin eficacia, nin capacidade.”


O certo é que agora- un ano despois - estes dous “responsables” políticos socialistas que tan despreciativos mostráronse ante a proposta de reforma constitucional de Rajoy, viñeron a propor ao Congreso xusto o que antes denostaban. Así o que antes non tiña fundamento para os socialistas agora é vital, e o que era inviable por levar moito tempo agora se acredita que pode facerse dun modo “express”

En definitiva, frivolidade do candidato Rubalcaba e do presidente Zapatero, fronte a previsibilidade de Mariano Rajoy.

Unha mostra máis do desgoberno que viviu este país e de que o executivo socialista só acerta cando rectifica.