Na 49 edición da Festa do Pulpo do Carballiño


Hoxe acudin a Vila do Carballiño para participar na 49 edición da Festa do Pulpo, celebrada un ano mais no fermoso Parque Municipal, ateigado de 80.000 persoas que achegáronse para degustar o afamado polbo a feira, sen dúbida o mellor do mundo.

O recentemente elixido alcalde, Argimiro Marnotes recibiu entre outros persoeiros a Mariano Rajoy e aos conselleiros Afonso Rueda e Jesús Vázquez.

Salientar tamén a presenza de representantes da provincia de Almería pois había unha especial dedicación este ano aos seus produtos da horta despois das acusacións vertidas desde o norte de Europa.

A presenza de Rajoy motivou que os medios lle fixeran moitas pregutas sobre cuestions de actualidade política, que él respostou.

Así plantexou unha reforma das administracións públicas, co obxectivo de reducir o gasto, que inclúa reorganizar o Estado para evitar duplicidades e fixar un teito de gasto e de endebedamento a todas as corporacións que hai en España: as locais, as Autonomías, as Deputacións e o Goberno da nación.

Rajoy manifestou que cre necesario que ao longo dos próximos anos "non aumente o número de empregados públicos en España". "Creo que teremos que facer un esforzo entre todos, e iso para min é unha prioridade básica", destacou.

Preguntado polos anunciados Reales Decretos que o Goberno ten anunciado para datas vindeiras, declarou que é difícil fixar unha posición sobre as medidas que poida aprobar o Goberno nos próximos Consellos de Ministros, "porque non as coñecemos", e segurou que, en calquera caso, o que de verdade se necesita en España "é un cambio político e un Goberno que presente un plan con reformas estruturais", en lugar de adoptar medidas illadas, como estivo facendo o Executivo "durante moito tempo" e que "serven para pouco".

Afirmou estar convencido de que España vai saír adiante, pero que para iso, o reto e prioridade básica é o crecemento económico e a creación de emprego, que se vai a producir se hai actividade e se a xente é capaz de investir.

Noraboa aos organizadores desta extraodinaria festa.


Con la tecnología de Blogger.