Preparados para presentar unha alternativa




Onte celebramos en Santiago de Compostela reunión do Comité Executivo do PP de G, que estivo dedicada na súa integridade á recentemente anunciada convocatoria das próximas eleccións xerais para o 20 de novembro.

A intervención mais destacada foi a de Alberto Nuñez, que nos invitou a falar de futuro, pois o pasado é un modelo no que non nos debemos mirar.

Trátase de abrir unha nova etapa de realidades e de verdades.

Definiu os retos do Partido Popular se recibimos a confianza dos electores en novembro: xerar confianza, sustentada na verdade; con políticas económicas de apoio aos emprendedores, cunha nova política laboral que incentive a contratación, manter o Estado de benestar, para así poder soster as políticas sanitarias e educativas. Cambiar as relacións coas CC.AA que tamén son Estado e ás que non se pode seguir enganando.

Outro reto prioritario será o pagar todo o que se debe, pués afirmou que todo quilómetro de tren e autovía realizados nesta lexislatura está incorporado a unha monumental débeda pública que teremos que pagar entre todos. Tamén reiterou a necesidade de seguir adelgazando as Administracións Públicas e de incrementar as políticas de austeridade.
Con la tecnología de Blogger.