viernes, 1 de julio de 2011

Anuncios de licitacións


O pasado 17 de xuño o Consello de Ministros autorizaba ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de Adif, a construción de dous novos tramos de plataforma na Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia entre as provincias de Zamora e Ourense. Trátase dos tramos Lubián-Túnel da Canda e o Túnel do Cañizo (vía dereita), cun investimento conxunto de 208.889.523,4 euros.

Fomento difundía esta boa noticia - longamente agardada -  coa súa correspondente nota.

Agora e como era exixible para cumprir o anterior anuncio o Boletín Oficial do Estado do 1 de xullo de publica as licitacións dos citados tramos e Fomento volve a difundir unha nota cun contido practicamente semellante á anterior.

En definitiva un mesmo feito anunciado e materializado, con doble difusión, dan unha sensación de gran actividade ministerial que desgraciadamente non se corresponde coa realidade como comentei tantas veces.

Son moi poucos os quilómetros aínda en obras entre Lubián e Ourense e ademais os orzamentos xerais do Estado a eles dedicados quedan inexecutados no seu maior parte, en 2010 nada menos que un 91 %, en 2009 un escandaloso 99,92 %.

Ademais estas duas licitacions publicadas o 1 de xullo teñen prazos de 35 / 32 meses, o que significa que o remate destas obras de plataforma –  e se todo fora de marabilla - xa chegarian a primeiros de 2015.

Sería desexable menos propaganda e mais execución efectiva de obras.