lunes, 4 de julio de 2011

Unha boa nova: diminue en xuño o paro rexistrado



Hoxe foron coñecidos os datos oficiais de paro rexistrado de xuño de 2011, un mes que a efectos de emprego é tradicionalmente bo.

Os datos son os seguintes:

PARO REXISTRADO:

OURENSE:

A 30 de xuño de 2011 había na provincia de Ourense: 25.671 parados rexistrados, 876 menos que en maio de 2011 (- 3,30 %) e 816 mais que en xuño de 2010 (3,28 %)

Distribución por sexo

11.859 homes
13.812 mulleres

Distribución por idades

2.345 menores de 25 anos
23.326 maiores de 25 anos

Distribución por sectores: 983 na agricultura, 3.749 na industria, 3.965 na construcción, 13.576 nos servizos e 3.398 sen emprego anterior.

O descenso do paro rexistrado en Ourense é moi apreciable. Así, o paro baixou na provincia un - 3,30 % fronte o - 2,69 % de Galicia e o - 1,62 % estatal.

GALICIA:

En Galicia o paro baixa en relación co mes anterior en 6.457 persoas (- 2,69 %). Pechamos xuño con 233.557 parados, 13.732 máis que fai un ano (6,25 %).

Distribución por sexo

109.528 homes
124.029 mulleres

Distribución por idades

20.085 menores de 25 anos
213.472 maiores de 25 anos

Distribución por sectores

6.611 na agricultura, 35.490 na industria, 38.046 na construcción, 126.050 nos servizos e 27.360 sen emprego anterior.

O descenso do paro rexistrado en Galicia é superior ao acontecido no Estado. Así, o paro baixou na media do territorio estatal nun - 1,62 por cento fronte ao - 2,69 % da nosa Comunidade.

Galicia é a sexta comunidade autónoma onde máis diminúe o paro en termos relativos.

Ese dato do mes de xuño é sen dúbida un dato positivo, porque hai un descenso do paro e é o máis alto desde que en abril comezaron a rexistrarse baixadas do paro (-4.584 en abril; -4.648 en maio), pero non podemos falar aínda dun cambio de tendencia. O mes de xuño ten tradicionalmente descensos, polo que hai que velo como unha diminución conxuntural pola tempada estival. Habería que esperar a ver a evolución do ano, e ter en conta que aínda seguimos en cifras de paro altas.

Con todo, hai que destacar que o descenso deste mes en 6.457 persoas é superior ao rexistrado na media dos últimos nove anos.

En termos interanuais, o aumento do paro, continua a súa redución. Se de xuño/2009 a xuño/2010 aumentaba en 19.585 persoas, de xuño 2010/xuño 2011 o incremento foi de 13.732 persoas, isto é, unha diminución de máis de 5.800 persoas.

Este dato interanual –xunto cunha evolución mensual de diminución do paro rexistrado- vén a confirmar a contención da destrución de emprego. Falta fai..


ESPAÑA:

No conxunto de España o paro baixa en relación co mes anterior en 67.858 persoas (- 1,62 %).

Pechamos pois xuño con 4.121.801 parados, 139.533 máis que fai un ano (3,50 %.)

Distribución por sexo

2.023.077 homes
2.098.724 mulleres

Distribución por idades

426.628 menores de 25 anos
3.695.173 maiores de 25 anos

Distribución por sectores

140.228 na agricultura, 479.525 na industria, 727.844 na construcción, 2.407.407 nos servizos e 366.797 sen emprego anterior.

O paro registrado descende en xuño por terceiro mes consecutivo, fundamentalmente debido a tempada turística.


Fonte: Servizo Estatal de Emprego