O Goberno central nega a Galicia 805 millons que lle corresponden


Acabamos de coñecer o lamentable desenlace da Comisión Bilateral celebrada hoxe pola mañá en Madrid, na que a delegación do Goberno central non accedeu a negociar coa delegación da Xunta sobre os 805 millóns de euros que lle adebeda a Galicia este ano por incumprimentos do sistema de financiamento autonómico e limitouse a invitar a nosa comunidade a acudir ao Tribunal Constitucional.

Son feitos dunha tremenda transcendencia para Galicia pois a negativa de transferir os 243 millóns de euros do Fondo de Cooperación pon en risco o cumprimento por terceiro ano consecutivo do obxectivo de estabilidade, e afecta de modo directo os galegos.

Como dícia a Conselleira de Facenda, “esta actitude do Executivo central é máis sorprendente se cabe cando se produce dous días despois de que o vicepresidente primeiro do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, anunciase 8.000 millóns de euros de recursos adicionais para as comunidades autónomas en 2012”

O Goberno de Zapatero, Rubalcaba e dos galegos Blanco e Caamaño no lle deixa mais alternativa ao Goberno galego que interpoñer un recurso ante o Tribunal Constitucional para reclamar os 805 millóns de euros por incumprimentos do modelo de financiamento, e que desglosamos:

. 228 millóns de euros de minoración de recursos que provoca o Statu Quo

. 243 millóns de euros do Fondo de Cooperación que o Goberno se nega a transferir este ano pese a que si o fixo en 2010 e en 2009.

. E os recursos adicionais do ano pasado correspondentes ao sistema de financiamento autonómico, por importe de 162,3 millóns de euros, e os 171,6 pola revisión tralo incremento de tipos impositivos do IVE.
Con la tecnología de Blogger.