jueves, 2 de junio de 2011

Unha boa nova: descende en maio o paro registrado





Hoxe foron coñecidos os datos oficiais de paro rexistrado de maio de 2011, un mes que a efectos de emprego é tradicionalmente bo.

Son os seguintes:


PARO REXISTRADO:

OURENSE:

A 31 de maio de 2011 había na provincia de Ourense: 26.547 parados rexistrados, 979 menos que en abril de 2011 (- 3,56 %) e 657 mais que en maio de 2010 (2,54 %)

Distribución por sexo:

12.229 homes
14.318 mulleres

Distribución por idades:

2.379 menores de 25 anos
24.168 maiores de 25 anos

Distribución por sectores: 963 na agricultura, 3.884 na industria, 4.083 na construcción, 14.215 nos servizos e 3.402 sen emprego anterior.

O descenso do paro rexistrado en Ourense é apreciable. Así, o paro baixou na provincia un - 3,56 % fronte o - 1,90 % de Galicia e o - 1,87 % estatal.

GALICIA:

En Galicia o paro baixa en relación co mes anterior en 4.648 persoas (- 1,90%). Pechamos maio con 240.014 parados, 11.507 máis que fai un ano (5,04 %).

Distribución por sexo:

112.247 homes
127.767 mulleres

Distribución por idades:

20.582 menores de 25 anos
219.432 maiores de 25 anos

Distribución por sectores:

6.722 na agricultura, 36.531 na industria, 38.907 na construcción, 129.956 nos servizos e 27.898 sen emprego anterior.

O descenso do paro rexistrado en Galicia é lixeiramente superior ao rexistrado no Estado. Así, o paro baixou na media do territorio estatal nun 1,87 por cento fronte ao 1,90 de Galicia. Si se ten en conta a comparativa por comunidades autónomas, Galicia é a sétima comunidade autónoma onde máis diminúe o paro en termos mensuais.

ESPAÑA:

No conxunto de España o paro baixa en relación co mes anterior en 79.701 persoas (- 1,87 %).

Pechamos maio con 4.189.659 parados, 123.457 máis que fai un ano (3,04 %.)

Distribución por sexo:

2.064.581 homes
2.125.078 mulleres

Distribución por idades:

450.937 menores de 25 anos
3.738.722 maiores de 25 anos

Distribución por sectores:

136.103 na agricultura, 490.417 na industria, 738.993 na construcción, 2.447.807 nos servizos e 376.339 sen emprego anterior.

Constátase con estos bos datos unha melloría que sen dúbida está ligada ao efecto estacional pero polo momento, non se pode falar de cambio de tendencia ata observar a evolución de todo o ano.

Fonte: Servizo Estatal de Emprego.