Hoxe defendín na Comisión de Fomento do Congreso unha proposición non de lei do GPP que finalmente foi transaccionada con sendas emendas do PSOE e BNG.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a que:
1. A entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento, RENFE Operadora, estableza unha segunda relación diaria –matinal - para unir Galicia con Madrid, antes de que finalice 2011, de modo que os usuarios do ferrocarril dispoñan dun servizo adecuado e en igualdade de trato a outras Comunidades Autónomas.
2. RENFE Operadora, estableza servizos de media distancia entre Ferrol e A Coruña e entre Lugo e Ourense coordinados cos horarios das relacións diúrnas entre Galicia e Madrid, para que as cidades de Ferrol e Lugo póidanse beneficiar destas relacións.
Comecei a miña intervención dando conta de que na actualidade o número de servizos diúrnos prestado por RENFE-Operadora entre Madrid e Galicia, é único en cada sentido. Así temos un tren Talgo que en sentido a Madrid ten dúas ramas:
Da Coruña sae ás 13,20 h. e de Pontevedra ás 12,50 h. Ambas as ramas saen xa unidas de Ourense ás 15,46 e chegan a Madrid-Chamartín ás 21,08 horas. Na primeira rama o tempo de viaxe é de 7 h. e 48 min. Na segunda é de 8 h. e 18 min.
A continuación manifestei o enorme agravio que supón para Galicia que sexa a única Comunidade Autónoma que só conte na actualidade cunha relación diúrna diaria con Madrid, mentres hoxe 14 de xuño, por exemplo, entre Barcelona e a capital hai 28 AVES e 1 ESTRELA; Entre Valencia e Madrid hai 14 AVES, 4 ALVIAS e 1 REXIONAL; Entre Sevilla e Madrid hai 20 AVES, e 2 ALVIAS; Entre Cádiz e Madrid hai 3 ALVIAS; Entre Santander e Madrid hai 3 ALVIAS e entre Xixón e Madrid hai 4 ALVIAS.
Ademais informei que o feito de que a única relación actual entre Galicia e Madrid chegue á capital de España pasadas as 21,00 horas impide aos viaxeiros transbordar con outros trens no día para chegar a outros destinos como poden ser Cataluña, Valencia, Alacante e Andalucía e destaquei que a ausencia dunha relación matinal impide aos galegos que viaxan a Madrid enlazar co transporte aéreo, entre outros os voos nocturnos cara a Ibero-América dado o escaso tempo existente.
Quero destacar que o texto final aprobado hoxe na Comisión de Fomento, transaccionado con PSOE e BNG, inclúe tamén unha petición para que Renfe Operadora estableza servizos de media distancia entre Ferrol e A Coruña e entre Lugo e Ourense que permitan enlazar por horario con esta nova relación matinal entre Galicia e Madrid e que, xa que logo, posibiliten que as cidades de Lugo e Ferrol tamén poidan beneficiarse desta nova relación.
Ademais conseguimos que os socialistas esquecésense de condicionar a posta en marcha deste novo servizo á “existencia de demanda” e á “realización dun estudo”, tal e como figuraba na enmenda presentada polo grupo do Goberno, xa que, segundo defendín, non é momento de estudar, senón de actuar, non é momento de discutir se hai demanda, senón de ofertar uns bos servizos para xerala.
Realmente estou moi satisfeito pola aprobación desta Proposición non de Lei que defendin hoxe na Comisión de Fomento.
Agora procede que o Goberno e RENFE cúmpra e diso ocuparémonos.
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=849382
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/06/15/0003_201106G15P8991.htm
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/congreso-aprueba-haya-un-segundo-enlace-talgo-galicia-madrid/idEdicion-2011-07-16/idNoticia-686818/
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/06/15/0003_201106G15P8992.htm
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2011/06/15/pp-bloque-reclaman-renfe-segundo-tren-diurno-matinal-galicia-madrid/505444.html
(Dende o minuto 20:10 ao 39:30)
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=849382
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/06/15/0003_201106G15P8991.htm
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/congreso-aprueba-haya-un-segundo-enlace-talgo-galicia-madrid/idEdicion-2011-07-16/idNoticia-686818/
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/06/15/0003_201106G15P8992.htm
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2011/06/15/pp-bloque-reclaman-renfe-segundo-tren-diurno-matinal-galicia-madrid/505444.html