lunes, 23 de mayo de 2011

O PP de G recupera o voto urbano e gaña con rotundidade



O PPdeG acadou nos comicios locais, 709.816 votos, 0 44,84 %, o PSOE obtivo 411.458, o 25,99 % e o BNG, 261.5134 votos, o 16,52 %.

A victoria popular é incontestable, é de destacar o crecemento de voto no ámbito urbano.

Gañou en 20 dos 25 concellos máis poboados de Galicia (as sete cidades entre eles) .PSOE e o BNG perden a súa hexemonía nas grandes cidades de Galicia, polo que a habitual supremacía do PP en concellos pequenos súmase agora unha vitoria incontestable nos municipios de maior peso poboacional. A capital de Galicia, Santiago, así como a gran urbe A Coruña e Ferrol, serán gobernadas con mayoría absoluta.

En tres de cada catro concellos galegos os cidadáns apostaron por un goberno popular, obténdose así 188 maiorías absolutas -36 máis que en 2007-, e 44 relativas. O PSOE só acada 35 maiorias absolutas e o BNG 11.

Os resultados confirman que o PP de G ten máis votos, máis alcaldes e máis presidentes de Deputación que o resto dos partidos, pero tamén máis concelleiros: 1.996 en total, 205 máis que fai catro anos. Así, obtivemos 425 concelleiros máis que a suma de PSOE e BNG, aos que tamén se superou aínda sumando os seus apoios: 37.000 votos máis que socialistas e nacionalistas xuntos.

Asímesmo, o PPdeG gañou unha deputación máis, a de A Coruña e medrou en número de deputados provinciais nas catro provincias: nove deputados máis que en 2007.

http://www.youtube.com/user/ppdegalicia?gl=ES&hl=es