Falando na sesión de control, sobre o emprego para mozos



Aínda que estamos en plena campaña electoral a actividade parlamentaria non cesou e hoxe como todos os mércores tivemos a sesión de control na que unha das preguntas máis destacadas foi a formulada pola portavoz do Grupo Popular no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría, que recordou ao Vicepresidente Rubalcaba que os mozos españois teñen o 50 por cento de probabilidade de estar no paro, viven en casa dos seus pais porque non hai emprego nin vivenda, ninguén lles dá un crédito pero todos teñen unha hipoteca para sempre, os seiscentos mil millóns de débeda que lles deixou o PSOE.

Igualmente engadiu que os nosos mozos esforzáronse na súa formación, pero tardan moito máis en atopar un emprego e xeralmente é peor e ademais os socialistas xa lles anuncian que se xubilarán máis tarde, polo menos aos 67 anos.

E lamentou que estas fose as expectativas dun mozo de 25 anos en España e recordou que se trata das mesmas expectativas que tivemos outros en 1995 e entón tamén había un 40 por cento de paro e tamén estaba Rubalcaba no Goberno.

Nesa liña Soraya apuntou que para chegar á Moncloa os socialistas prometeron aos mozos españois emprego estable, maiores salarios e acceso á vivenda. Que lles van a prometer agora para que non lles voten, preguntou a Rubalcaba.

E concluíu a súa brillante pregunta sinalando a Rubalcaba que estamos ante a España que vai deixar o PSOE, a España que teñen que remontar os mozos españois e farano porque España si que é un país para mozos pero o seu Goberno non é un Goberno para España.

Non faltou unha intervención relacionada coa campaña electoral cando Soraya afirmou que o PSOE non enche os mitins porque ten a rebentar a cola do paro.
Con la tecnología de Blogger.