sábado, 14 de mayo de 2011

Autorizada a licitación de obras de plataforma do ave a Galicia


Onte o Consello de Ministros divulgou que autorizou ao Ministerio de Fomento a licitar as obras de plataforma do tramo Túnel da Canda-Vilavella (Ourense), correspondente á Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia no seu tramo Lubián -Ourense. O importe deste contrato é de 58.891.115,2 euros, IVE incluído.

Asimesmo din que o tramo autorizado, de 3,7 quilómetros de lonxitude, discorre polo termo municipal da Mezquita, na provincia de Ourense, cun trazado deseñado para dobre vía de alta velocidade en ancho internacional.

Este, é o primeiro tramo dos vinte e catro de plataforma que se licitarán polo sistema convencional, segundo a programación establecida no mes de abril polo ministro José Blanco, despois de que Fomento abandonara as suas previsions de facer unha gran macrolicitación antes do 30 de marzo de 2011.

E recordo que o Pacto do Obradoiro tiña prevista esta licitación dentro do ano 2010.

Agardaremos a que teña lugar na publicación no BOE desta licitación para coñecer os seus detalles, o que permitirá coñecer cando previsiblemente estará rematada.

Salientar que o seu montante económico representa o 1,9 % dos 3.046 millons de euros pendentes de licitar da plataforma do ave entre Lubián e Ourense.

Como sempre me alegra calquera avance que supoña posibilitar o inicio das tan atrasadas e ansiadas obras de acceso do ave a Galicia.