Hoxe os deputados galegos do PP difundimos unha comunicación na que lamentamos que o ministro de Fomento, José Blanco, se empéñe en utilizar a chegada do AVE a Galicia como arma electoral e abandone constantemente a súa faceta institucional para situarse nunha actitude absolutamente partidista e de deslealdade cara á Xunta de Galicia.
Agardamos que este cambio de actitude sexa pasaxeiro e débase únicamente ao nerviosismo provocado pola crise sucesoria aberta no PSOE tras o anuncio de Zapatero de que non volverá a presentarse xa que só así pode entenderse a desatinada escalada verbal de acusacións de Blanco cara á Xunta á que onte se asistiu no Senado como un intento do ministro de Fomento por desviar a atención da crise do PSOE mediante provocacións á Xunta de Galicia, pero adiantamos que o PP non vai caer na trampa.
O PP é o principal interesado en que o AVE galego avance o máis rapidamente posible, xa que, pese a quen lle pese, gobernamos en Galicia e queremos o mellor para os galegos e recalcamos que a pesar dos reiterados incumprimentos dos socialistas respecto dos prazos de chegada do AVE a Galicia estamos gardando un escrupuloso silencio mentres Blanco e Salgado resolven as súas diferenzas.
Recordamos que os socialistas xa incumpriron o primeiro prazo que comprometeron para a chegada do AVE a Galicia, o 2009; despois o do 2012, e que cando Blanco chegou ao Goberno, a Xunta demostrando a súa capacidade para mirar cara ao futuro e esquecer agravios polo ben de Galicia, asinou o Pacto do Obradoiro e confiou nuns novos prazos comprometidos.
Os acordos comprometidos para 2010 non se cumpriron; a poucos días de finalizar o ano quedaban sen licitar máis de 3.100 millóns, pero o 13 de decembro o presidente Núñez Feijóo deu unha nova mostra de boa vontade e aceptou a ampliación de tres meses do prazo solicitada por Blanco, un prazo que el mesmo se fixou e que volveu a incumprir sen que desde o PP entrara nun debate absurdo de quince días máis ou menos.
Neste sentido, instamos ao ministro de Fomento a abandonar o victimismo e a queixa continua e a que proceda a licitar de inmediato o AVE a Galicia, xa que incumpriu sucesivamente os prazos aos que el mesmo se comprometeu en decembro e agora en marzo.
Querdo tamén destacar, que a firma do protocolo para a integración do AVE en Ourense é absolutamente independente da macrolicitación de 6.000 millóns necesaria para a chegada do AVE a Galicia que esperan todos os galegos e que Blanco comprometeu, e pídolle ao ministro que deixe de desviar a noticia do foco real, que é que seguimos esperando.
O único que pretende utilizar electoralmente a chegada do AVE a Galicia é o Sr. Blanco e non o PP, que non asinará ata que o protocolo inclúa a demanda maioritaria dos ourensáns de que se estude a viabilidade do soterramento.
Insistimos en que os prazos son os que son e que se non se licita en breve será imposible que as obras se adxudíquen antes de final de ano por moito que o ministro asegure que porá a data no prego. Neste sentido, subliño que as obras non se fan cunha varita máxica.
Os primeiros 22 quilómetros entre Lubián e Ourense licitáronse o 29 de decembro de 2009 e as obras non puideron comezar ata finais de outubro, case dez meses despois.
Se non licita xa non se poderán cumprir os prazos e estaremos ante outra fuxida cara adiante.
http://www.laregion.es/noticia/149495/diputados/instan/fomento/licite/
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/04/07/0003_201104O7C5991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/07/0003_201104G7P6993.htm
http://www.ourensedixital.com/_novas/11/04/07_01.htm
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/04/07/martinez-acusa-blanco-xunta-quede-margen-convenio-integracion-ave/533560.html
http://elprogreso.galiciae.com/nova/83779.html
Se non licita xa non se poderán cumprir os prazos e estaremos ante outra fuxida cara adiante.
http://www.laregion.es/noticia/149495/diputados/instan/fomento/licite/
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/04/07/0003_201104O7C5991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/07/0003_201104G7P6993.htm
http://www.ourensedixital.com/_novas/11/04/07_01.htm
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/04/07/martinez-acusa-blanco-xunta-quede-margen-convenio-integracion-ave/533560.html
http://elprogreso.galiciae.com/nova/83779.html