jueves, 24 de marzo de 2011

Esiximos o cumprimento do Pacto do Obradoiro


Onte os deputados galegos do PP presentamos no Congreso unha Proposición non de Lei para que se inste ao Goberno a cumprir o acordo alcanzado o 21 de xullo do ano 2009 coa Xunta de Galicia en materia ferroviaria, que inclúe a licitación urxente dos 6.000 millóns de euros pendentes aínda para a chegada da alta velocidade a Galicia.
 
Consideramos que Galicia non debe seguir sendo discriminada nin sufrir novamente un engano do PSOE respecto dos prazos para a chegada da Alta Velocidade, polo que esixen ao Executivo socialista que cumpra o acordado no Pacto do Obradoiro polo ministro José Blanco, que comprometeu o seu cargo como garantía para o cumprimento dos prazos e asegurou que se licitarían os 6.000 millóns pendentes antes de que acabe este mes.

Certamente non imos caer na trampa de enredarnos nunha discusión baladí sobre quince días máis ou menos e esiximos, como representantes de todos os galegos que somos, o cumprimento do Pacto do Obradoiro. Para iso, entendemos que o Goberno debe proceder á licitación inmediata e á adxudicación do contrato dentro deste ano, unha vez cumprimentados os trámites necesarios.

Agardamos que o anuncio de antonte do ministro de Fomento, que asegurou que o contrato adxudicaríase antes de que finalice o ano 2011, sexa verdade e non unha nova fuxida cara adiante dos socialistas como a que xa tiveron que recoñecer no seu día.

Galicia é unha das poucas comunidades que aínda carecen de conexión ferroviaria en alta velocidade co resto de España e esta situación constitúe unha rémora clara para o desenvolvemento económico e social da nosa comunidade.

Os deputados galegos do PP, igual que o Goberno galego, demostramos lealdade institucional en relación ao Pacto do Obradoiro e ata valoramos públicamente de forma positiva o cumprimento, por parte do Goberno de Zapatero, dos compromisos incluídos no Pacto correspondentes ao ano 2009.

Hoxe, cando faltan só sete días para que se incumpra un novo prazo dado polo propio ministro Blanco (a licitación de 6.000 millóns de euros pendentes aínda), os deputados do PP en Madrid sublimamos que os socialistas deben cumprir os compromisos referidos ao ano 2010 porque llo deben a Galicia e aos galegos.

Tamén recordamos que o acordo estipulaba que a totalidade das obras para a chegada da alta velocidade a Galicia deberían estar licitadas a finais do ano pasado, pero que tras unha reunión bilateral celebrada en Madrid o pasado 13 de decembro o Goberno galego aceptou un adiamento de tres meses máis que solicitou o ministro de Fomento para poder cumprir a licitación deses 6.000 millóns de euros pendentes.

Blanco reiterou en decembro ante o presidente da Xunta de Galicia o seu compromiso de que o AVE circularía por Galicia en 2011 e que a conexión coa Meseta faríase realidade no horizonte do ano 2015 e por iso agradamos que problemas internos no PSOE ou loitas sucesorias non deriven nun novo engano ás expectativas de todos os galegos.

Creemos que o Goberno debe ter en conta a importancia que para Galicia ten a chegada da alta velocidade ferroviaria, polo seu carácter periférico e os continuos diferenciais que veu padecendo en materia de infraestruturas do transporte respecto ao conxunto do país, e por iso esixiremos que a Cámara Baixa pronúnciese para apoiar o compromiso de integración de Galicia na rede de alta velocidade española nos termos comprometidos polo Goberno.



http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/03/24/0003_201103G24P10991.htm

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/03/24/0003_201103G24P10995.htm