En Triacastela


Hoxe pola mañá despraceime a Triacastela, onde a miña compañeira deputada nacional Olga Iglesias, opta como candidata á alcaldía do municipio.

Alí estaba Ana Pastor, vicepresidenta do Congreso e coordinadora de política social do PP, o presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro; e os meus tamén compañeiros deputados no Congreso, o lucense Joaquín García Díez e a coruñesa Belén do Campo.

Visitamos este bonito pobo do Camiño de Santiago e logo participamos nunha reunión con concelleiros, militantes e simpatizantes.

Os meus mellores desexos para que Olga Iglesias consiga a confianza dos seus veciños e convértase na nova alcaldesa de Triacastela.

Con la tecnología de Blogger.