miércoles, 5 de enero de 2011

Remata 2010 con 218.857 afiliados menos á Seguridade Social en España, 23.352 en Galicia e 2.538 en Ourense.


Onte foron dados a coñecer os datos oficiais de afiliación á Seguridade Social no pasado mes de decembro así como no conxunto de 2010.

Decembro de 2010:

No conxunto do Estado a afiliación á Seguridade Social caeu en 27.728 cotizantes (- 0,16 %), co que se acumulan cinco meses consecutivos de caída.

En Galicia o descenso de afiliación foi de 8.001 (-0,80 %) e na provincia de Ourense de 763 persoas (- 0,72 %).

Conxunto de 2010:

España: A Seguridade Social terminou o ano 2010 cun descenso medio de afiliación de 218.857 persoas (-1,23%).

A 31 de decembro había 17.584.982 afiliados, dos que 13.273.267 o eran ao Réxime Xeral, 3.104.248 ao de Autónomos, 847.561 ao Agrario, 61.344 ao do Mar, 6.281 ao da minería do carbón e 292.280 ao de empregados do fogar.

Galicia: A Seguridade Social terminou o ano 2010 cun descenso medio de afiliación de 23.352 persoas (- 2,29 %).

A 31 de decembro había 997.774 afiliados, dos que 728.243 o eran ao Réxime Xeral, 220.646 ao de Autónomos, 4.572 ao Agrario, 23.988 ao do Mar, 19 ao da minería do carbón e 20.315 ao de empregados do fogar.

Ourense: A Seguridade Social terminou o ano 2010 cun descenso medio de afiliación de 2.538 persoas (- 2,36 %).

A 31 de decembro había 105.232 afiliados, dos que 75.365 o eran ao Réxime Xeral, 26.527 ao de Autónomos, 386 ao Agrario e 2.954 ao de empregados do fogar.

Fonte:  Secretaría de Estado da Seguridade Social