Seguimos co analise dos recentes datos de paro rexistrado en 2010, neste caso os relativos ao concello de Ourense.
Son os seguintes:
A 31 de decembro de 2010 había en Ourense 9.807 parados cando no mesmo mes de 2009 había 8.940. É dicir 867 parados máis.
Dos 9.807 parados, 5.523 eran mulleres. Fai un ano eran 5.177, o que supón un crecemento do paro feminino de 346 persoas.
Do total de parados, 4.284 eran homes. Fai un ano eran 3.763. Creceu o paro masculino en 521 persoas.
Por sectores resulta que dos 9.807 parados: 5.977 eran do sector servizos, 1.192 na construcción, 1.195 da industria, 202 da agricultura e 1.241 sen emprego anterior.
Fonte: Servizo Estatal de Emprego e Servizo Galego de Emprego