jueves, 30 de diciembre de 2010

Remata 2010: Un ano para esquecer


O ano 2010 pasará á historia de España como un ano aciago. A tráxica realidade española é o resultado da xestión política de Rodríguez Zapatero, que se resume en catro millóns oitocentos mil parados, o 20,2 % da poboación activa, que se eleva, no caso dos mozos, ata un vergoñoso 42 %. É dicir, que máis de 20 españois, de cada 100 que queren traballar, non poden facelo. Unha situación inaceptable e intolerable.

Pechamos 2010 co dobre de taxa de desemprego que a UE, o triplo de taxa de desemprego que Alemaña e máis do dobre que Francia, cando fai uns anos tiñamos menos porcentaxe de desemprego que estas dúas grandes nacións. Ademais, o noso crecemento económico é practicamente negativo, mentres que Europa está crecendo o 1.9% e Alemaña o 3.7%, e temos un déficit descomunal, o segundo máis alto da UE, e unha enorme débeda.

Conclúe 2010 cunha crecente desconfianza no Goberno, tanto dentro como fora de España. Unha desconfianza que o Goberno socialista gañouse a pulso; polo que fixo e polo que non fixo. Polas súas frivolidades e improvisacións, polos seus bandazos, a súa falta de criterio e por carecer dun plan para abordar reformas do Estado que permitan gañar en credibilidade, en austeridade e facer a nosa economía máis flexible e competitiva.

E esa desconfianza en España traduciuse en menos investimento, menos consumo, menos crédito e máis retroceso do benestar.

A asfixia financeira segue sendo outro problema da economía española, que ten dúas caras: o altísimo endebedamento das nosas familias e das nosas empresas e a notable escaseza de crédito, porque hai moito menos agora do que había antes.

E non digamos dos moi serios problemas de financiamento da Administración central, do conxunto da Administración autonómica e dos concellos, que teñen enormes dificultades para pagar aos acredores e facer fronte ás súas obrigacións.

Fóra de España, desde os mercados - que necesitamos para financiarnos - esa desconfianza tradúcese en dúbidas serias sobre a nosa solvencia e sobre a nosa capacidade para reducir o déficit público.

2010 será recordado polos recortes sociais sen precedentes e o empobrecemiento dos cidadáns: a rebaixa do soldo dos funcionarios, a eliminación da dedución dos 400 euros, a baixada das partidas da dependencia e a discapacidade; recordarase pola conxelación unilateral das pensións rompendo os consensos do Pacto de Toledo; polas subidas de impostos aos cidadáns en xeral, independentemente do nivel de renda, a través do incremento do IVE, dos tipos impositivos ao aforro ou dos impostos especiais..

Foi tamén o ano no que o Goberno- que presumía de talante - preferiu gobernar usando e abusando do decreto lei e sorprendéndonos cada dúas ou tres meses cun novo paquete de medidas e cunha política que se caracterizou pola inexistencia dun plan e por pensar unicamente a curto prazo.

Así, a reforma laboral, tras o fracaso de dous anos de diálogo social, fíxose tamén por medio do Real Decreto Lei. Unha reforma que terminou como comezou, na máis absoluta soidade, sen apoio dos sindicatos - que promoveron unha folga xeral- nin dos empresarios, e sen o respaldo dos expertos nin das institucións económicas e sociais, que analizaron e criticaron o seu contido.

O dito, un ano para esquecer.