jueves, 23 de diciembre de 2010

O Congreso envía ao Senado a reforma da Lei Electoral


O pasado martes tivemos no Pleno do Congreso o debate do ditame da comisión sobre a Proposición de Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral.

Neste debate defendeu a posición do Grupo Popular o meu compañeiro Juan Carlos Vera que resaltou que do mesmo xeito que a actual Lei Electoral aprobouse en 1985 coa práctica unanimidade das Cortes, as medidas expostas na Proposición contan cun respaldo próximo á unanimidade xa que recibiron para a súa toma en consideración o voto favorable de 320 deputados dos 329 que emitiron o seu voto e o Ditame da Comisión foi aprobado cun só en contra.

Aludiu a que inclúe un procedemento de maior garantía para o voto dos residentes ausentes pois introduce a previsión do voto en urna nos consulados e favorécese o procedemento de envío para garantir que os seus votos se contabilícen no escrutinio e non se perdan ou se demore a chegada dos mesmos ao seu destino.

Expresou que a Proposición inclúe ademais medidas para establecer máis control e transparencia na definición e elaboración do censo electoral, para clarificar os prazos de censo pechado para cada elección, para facilitar a xestión municipal nos concellos de menos de 100 habitantes e para establecer as regra e principios aos que deben atender as emisoras de titularidade privada en campaña electoral.

Juan Carlos Vera ademais destacou que a Proposición contempla propostas para simplificar a campaña electoral eliminando a precampaña, para reducir os gastos de campaña dos partidos, para conxelar as subvencións por voto, escano e mailing, e para prohibir a propaganda institucional sobre os logros e realizacións dos diferentes gobernos desde o momento en que se convocan as eleccións.

Sometida a votación deu o seguinte resultado: votos emitidos 348; a favor 326; en contra 14 e abstencións 8.

Tras esta aprobación o texto vai ao Senado