domingo, 21 de noviembre de 2010

A reforma da LOREG: o voto dos residentes no exterior



Hoxe a xornalista Mónica Nogueira publica nos diarios "El Correo Gallego" y "Galicia Hoxe", un traballo titulado “A reforma legislativa péchalles as portas ás urnas das municipais a 360.931 emigrantes galegos”.

Nese reportaxe a periodista constata que nas vindeiras eleccións municipais do 22 de maio serán as primeiras nas que non poderan votar aqueles españois que non teñan veciñanza en algun concello do Estado, e fai un analise do seu impacto..

Na súa reportaxe recolle a opinión de tres forzas políticas que teñen presenza no arco parlamentario autonómico (PPdeG, PSdeG e mais BNG) que coinciden en destacar que a función política gañará en transparencia e que a composición dos gobernos locais responderán á realidade social dos territorios.

Entre esas opinions está a de quen suscribe e pode leerse consultando estos enlaces.



Unha vez mais quero salientar que toda lei electoral debe reformarse en base aoi interese xeral e nunca en base a intereses partidistas ou conxunturais e que calquera reforma debe estar asentada no consenso porque debe ter vocación de permanencia. Neste caso a iniciativa de reforma da LOREG e froito do altísimo grado de consenso acadado no Congreso –só houbo un voto en contra e unha abstención-, algo certamente complexo nos tempos políticos que corren.

Supón - no caso de que se aprobe - que se vira por fin cumprida unha antiga aspiración que tiñan os residentes no exterior: poder votar en urna. Deste xeito, os emigrantes poderán votar coas mesmas garantías que calquera residente en España. Atrás queda xa poñer en dúbida a lexitimidade do voto dos residentes no exterior. Os votos se envían dende as seccións consulares por valixa diplomática sen perigo de manipulación e chegaran a tempo.

Por unanimidade, o Congreso decidiu recoller na proposición de lei de reforma, a recomendación do Consello do Estado que considera convinte vencellar o voto nas eleccións municipais á vecindade, polo que os residentes no exterior, ao non ser veciños das vilas e cidades, non poderán participar nas municipais.

A situación a dia de hoxe da reforma legal e a seguinte: O Pleno do Congreso dos Deputados, na súa sesión do día de 15 de novembro, tomou en consideración a Proposición de Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.

A presidencia do Congreso, en virtude da delegación conferida pola Mesa da Cámara e tendo en conta a solicitude presentada, acordou encomendar Ditame e polo procedemento de urxencia sobre a mesma á Comisión Constitucional, así como abrir un prazo de oito días hábiles que expira o día 24 de novembro de 2010, no que os Deputados e os Grupos Parlamentarios poderán presentar enmendas.

Agardemos pois a tramitación parlamentaria da reforma da Lei Electoral , que non é unha lei calquera pois forma parte desas normas que conforman a medula espinal das regras do xogo do noso sistema democrático.

http://www.laregioninternacional.com/noticia/78391/partidos/voto/urna/avance/emigración/