Hoxe recien chegado a Ourense, procedente de Madrid, achegueime ata o Liceo e puiden participar na “presentación- diálogo” ao redor da novela “Un último destino” do escritor verinés Xosé Carlos Caneiro.
Neste acto participou o director xeral dá editorial Galaxia, e tamén escritor Victor Freixanes.
Con este novo título, Caneiro escribe o epílogo dunha serie de novelas que iniciou en 1992 con “O infortunio da soidade”, por certo, moitas delas premiadas.
Mañá mesmo acudirei a unha librería e comprarei esta obra do que hoxe sen ningunha dúbida é un dos mellores escritores galegos, ademais dun home libre e cordial,
Seguro que gozarei do territorio ficcional de "Dalmara"