Hoxe o Grupo Parlamentario Popular rexistrou 507 enmendas parciais aos PGE do 2011, nun ano de moitísimas dificultades económicas, que pretenden apoiar aos máis débiles e dotar ao país de políticas económicas que permitan xerar máis emprego e mellorar a competitividade.
Neste sentido, os deputados galegos destacamos que o GPP presentou como emenda principal unha para derrogar a conxelación das pensións e permitir así que os 722.261 pensionistas galegos poidan ver revalorizada a súa pensión nun 1%. O montante do diñeiro necesario para que os pensionistas non vexan os seus salarios conxelados se detraería, entre outras, de partidas como o financiamento de RTVE, as axudas ao cine, a sección de imprevistos, ou as subvencións a partidos políticos, sindicatos e axentes sociais.
Entendemos que nun momento como o actual os pensionistas deben ser os últimos en sufrir as consecuencias da crise e presentamos tamén emendas para baixar os impostos ás pequenas e medianas empresas, para aplicar o IVE ao tipo superreducido ao sector turístico, acometer reformas no I D i, o cambio da natureza do IVE e tamén para que os autónomos poidan compensar as súas débedas coas administracións públicas. En definitiva, as emendas do GPP están orientadas para estimular aos axentes xeradores de emprego e para axudar aos cidadáns que máis están sufrindo as consecuencias da mala xestión económica do Goberno.
Desde o GPP apostamos por unha reforma laboral que saliente a xeneralización do contrato para o fomento do emprego, maior flexibilidade interna da empresa e mellore a negociación colectiva e tamén reclamamos un plan de emprego especial para os mozos.
As emendas populares apostan igualmente pola familia, mantendo a desgravación fiscal pola compra de vivenda fronte á supresión proposta polo Goberno.
Considero que os Orzamentos Xerais do Estado para o 2011 poñen de manifesto que os recortes no investimento non só foron consecuencia da necesidade imposta por Europa de enxugar o déficit, senón o colofón da política errática dos últimos anos nos que as obras non se executaban e íanse deslizando ano tras ano.
O Proxecto de Orzamentos para 2011 non é un instrumento illado, senón que depende dos orzamentos anteriores. Nese sentido subliño que dado que en 2010 a licitación publica non superou o 35,3% sobre o exercicio 2009, os orzamentos vense alterados e condicionados por esa falta de investimento orzamentario, e se ademais a propia execución orzamentaria sitúase no 29,6%, (obrigacións recoñecidas fronte a créditos totais), ¿como pode ter credibilidade o que o Goberno propón ao Congreso?.
Consideramos que unha vez que se demostrou que non é posible seguir coa mesma política, o Executivo, simplemente, fixo desaparecer as obras dos anexos de investimentos ou as deixou dotadas dun modo testemuñal.
Entendo que o descenso de investimento do 31% anunciado polo Goberno debería conxugarse cunha nova e equilibrada programación e cun maior recorte de gastos correntes e sobre todo de estrutura de persoal, e non é así, polo que pode afirmarse que as políticas xerais de gasto están equivocadas.
Non queremos máis escusas. O Goberno leva falándonos case un ano dun Plan Extraordinario de Infraestruturas (PEI), co que se investirán 17.000. millóns de € en colaboración publico privada, pero agora utilízao como a xustificación sustitutiva da falta de investimento en proxectos esenciais para Galicia e limítase a dar unha listaxe de obras das que nin se coñecen os proxectos, nin o custo, nin o modelo de financiamento, nin o modelo de pago do investimento.
Dadas as circunstancias excepcionais deste ano, o GPP pide que se devolvan ao Ministerio de Fomento os orzamentos para, que as obras que afectan a Galicia e que a continuación se especifican sexan reprogramadas de acordo coa súa situación actual e as necesidades reais, entre outras:
ALTA VELOCIDADE.-
CORREDOR NORTE / NOROESTE:
LAV: Lubian-Ourense. Ourense-Vigo, por Cerdedo, Ourense-Lugo, Conexión Internacional Vigo-Fronteira portuguesa., Eixo Atlántico: Vigo-Ferrol
CORREDOR SUBCANTABRICO
Monforte de Lemos- Ponferrada e Lugo- A Coruña
CERCANIAS.
Demándase a creación dunha Xefatura de proximidade en Galicia que implante gradualmente este servizo ferroviario.
ESTACIÓNS INTERMODAIS.
Pontevedra, Vigo, Ourense, Santiago, Ferrol e A Coruña.
ACCESOS A PORTOS
Ao da Coruña e ao de Ferrol.
INFRAESTRUTURAS VIARIAS.-
Desde o GPP demándase ao Ministerio que acredite a posibilidade de pór en marcha todos os tramos da rede viaria que se sinalan e que se atopan en situacións de grave atraso e, no caso de Galicia, solicítase, ademais, que sexan reprogramadas de acordo coa súa situación e necesidades reais, entre outras, as seguintes vías:
AUTOVIAS.
Reclámase maior investimento para a Autovía do Cantábrico A-8, para a A - 57 Conexión A - 52, a A - 76. Ourense -Ponferrada; a Ampliación da AP - 9 en Santiago e Pontevedra, a A-54-Lugo- Santiago e a A-56 Guntín-Ourense.
En actuacións no medio urbano, os deputados galegos do PP pedimos que se reprogramen e prioricen, entre outras, a Terceira Rolda na Coruña; a Circunvalación Norte de Ourense; o desdobramento da Rólda Norte en Lugo, a Circunvalación de Pontevedra ou a ampliación de AP - 9 na Coruña.
Entendemos tamén que deben reprogramarse os accesos ao Porto exterior da Coruña; ao Porto Seco de Monforte de Lemos; ao Aeroporto de Vigo e ao Porto de Vilagarcía de Arousa e, en materia de instalacións aeroportuarias, esiximos un maior esforzo orzamentario para posibilitar a ampliación da pista de voo de Alvedro.
OUTRAS MATERIAS
Igualmente, desde o PP reclamamos que se incremente en 800.000 euros a consignación orzamentaria para a Real Academia Galega para que chegue ao millón de euros - de forma que teña unha asignación similar ás institucións análogas catalá e vasca, tal e como se aprobou nunha Proposición non de Lei impulsada polo PP o pasado 15 de setembro.
En materia de Medio Ambiente reclamamos que sexan reprogramadas de acordo coa súa situación e necesidades reais, entre outras, as seguintes actuacións: rexeneración Ría do Burgo (A Coruña), así como para a Edar de Santiago, a de Bens (A Coruña), o Emisario Submarino de Bens, o Saneamento e Depuración na provincia de Ourense, a ampliación da Edar de Ourense e, para Actuacións contidas no Plan Lousas 2007-2013 en Ourense e Lugo.
Igualmente, os deputados galegos do PP enmendan para conseguir máis financiamento para a recuperación de importantes paseos litorais e marítimos da CC.AA., como os de Vilanova de Arousa, Vilariño, en Cangas; o de Ferrazo,en Vilagarcía de Arousa ou a Senda Verde Litoral en Sanxenxo e en Tui (Pontevedra), entre outros moitos.
Finalmente demandados incrementar o presuposto para o Parador de Muxía e unha partida para promocionar o turismo termal de tanta proxección en Galicia.