sábado, 23 de octubre de 2010

Cos empresarios dos Talleres de Reparacións de Vehículos


Hoxe tiven a oportunidade de participar na festa anual da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense, fundada en 1977 e que na actualidade conta con preto de 500 empresarios asociados, que constitúen máis do 80% do censo total de talleres da nosa provincia.

Á fronte da mesma está o seu exemplar presidente Manuel Álvarez Gil que dirixe un extraordinario equipo que fai desta Asociación un referente de bo facer para todas as demais.

Parabén a todos os asociados que defenden as súas empresas e o emprego no medio dunha profunda crise económica.