sábado, 16 de octubre de 2010

En Maceda, na entrega dos premios de arquitectura popular galega



Hoxe pola mañá viaxei á Vila de Maceda para asistir no seu castelo a un acto organizado por Setestrelo, a Asociación que preside Francisco Nóvoa, un exemplar emprendedor e infatigable promotor de iniciativas deportivas e culturais. 


Tratábase do acto de entrega dos premios de arquitectura “Manuel Gómez Roman”, que levan o nome deste arquitecto vigués que foi o xenuino defensor dá nosa arquitectura popular.

O primeiro premio na categoría de Construccións Adxectivas Rehabilitadas ou Reconstruídas, foi concedido ao estudo de arquitectura de Ames, Salgado e Liñares, polo seu traballo de acondicionamento e recuperación dos accesos, lavadoiro e contorna dos muíños da Pedrachán, en Noia.

O premio na modalidade de Edificacións Tradicionais Rehabilitadas ou Restauradas foi outorgado á arquitecta de Lugo, Angeles Castro Dapena polo seu traballo de rehabilitación dunha antiga casa sita na parroquia de Ramil, Agolada para o proxecto do Centro de Educación Ambiental “Na eira dá Xoana”

Neste acto tamén se impuxo a Medalla de Prata da Asociación o insigne profesor  Manuel Caamaño Suárez.

Unha ocasión excelente para reflexionar sobre o valor da nosa arquitectura tradicional e de paso estar con numerosos amigos.

Noraboa a Setestrelo.