jueves, 23 de septiembre de 2010

Unha transferencia arrincada por un cadro de necesidade extrema de Zapatero

Onte pola tarde coñecimos o pacto alcanzado entre o PSOE e o PNV sobre a transferencia a Euskadi das políticas activas de emprego e que garante a Zapatero a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para 2011.
Hoxe en nome do noso Grupo Parlamentario, Soraya Sáenz de Santamaría, manifestou que o acordo subscrito entre o PSOE e o PNV sobre os próximos Presupostos Xerais do Estado (PGE) é a representación da deslealdade de Zapatero con todos os españois en xeral e cun en particular, que é Patxi López.

Ademais advertiu que estes presupostos vannos a saír moi caros aos españois, e que o ano máis de Zapatero na Moncloa vainos a custar a todos os españois un gran esforzo nas nosas pensións e nos nosos impostos, aseverou a nosa voceira.

Para o Partido Popular esta transferencia rompe a caixa das pensións, rompe a igualdade entre os españois e, sobre todo, o principio de solidariedade que debe existir entre nós, os españois entre si e os españois coas seguintes xeracións.

A verdade e que nunca ninguén pagara tanto por uns orzamentos eliminando dunha plumada, 30 anos de historia e de posición respecto diso do PSOE.

Por se houbese algunha dúbida das verdadeiras intencións dos nacionalistas vascos basta com escoitar as palabras de hoxe no Parlamento vasco do portavoz do PNV Joseba Egibar, que invitou ao lehendakari, Patxi López, a tomar parte "da man do PNV" nunha negociación co Goberno sobre transferencias, pacificación e normalización, asuntos que, segundo Egibar, están sobre a mesa da negociación orzamentaria e ademais afirmou que a transferencia de Políticas Activas de Emprego foi "unha transferencia arrincada por un cadro de necesidade extrema de Zapatero"