jueves, 16 de septiembre de 2010

Recoñecemento de xustiza á Real Academia Galega

Onte foi un gran día para Galicia na Comisión de Cultura do Congreso, xa que foi aprobada por unanimidade unha proposición non de lei que no seu día subscribimos todos os deputados galegos do Grupo Popular pola que se insta ao Goberno a incluír unha asignación orzamentaria para o financiamento da Real Academia Galega nos Orzamentos Xerais do Estado de 2011, e nos dos próximos exercicios.

Interveu a miña compañeira deputada por Ourense e impulsora principal da iniciativa, Ana Belén Vázquez Blanco quen nunha excelente intervención defendeu que é de xustiza que a nosa Academia reciba unha asignación orzamentaria nominativa anual dos PGE, do mesmo xeito que o fan a Academia da Lingua Vasca e o Institut de Estudis Cataláns, corrixindo así unha clara discriminación xa que ata a data, o financiamento da Real Academia Galega dependera de subvencións do Ministerio de Educación que se concedían no chamado réxime de concorrencia competitiva.




http://www.laregion.es/noticia/131963/congreso/apoyo/estatal/academia/gallega/