Esta tarde asistín en Vigo, ao acto de presentación do novo Plan Nacional de Servizos Especiais de Salvamento da Vida Humana na Mar e da Loita contra a Contaminación do Medio Mariño 2010-2018 que o Consello de Ministros aprobou hoxe mesmo.
Asistín en nome do meu Grupo Parlamentario e acompañado polo portavoz de Pesca, o meu compañeiro lucense Joaquin García.
Tamén estivo presente a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o Alcalde de Vigo, entre outras autoridades.
O ministro de Fomento, José Blanco dixo que este novo Plan deseñado en consonancia cos obxectivos da política marítima da Unión Europea contará cunha dotación de 1.690,5 millóns de euros e suporá un reforzo da prevención e afianzar o sistema de salvamento existente.
Esperamos que o Ministro en datas próximas presente pólo miudo este Plan - que afecta a unha materia de extraordinaria importancia - na Comisión de Fomento Congreso dos Deputados.