viernes, 16 de julio de 2010

Galicia nas propostas de resolucíón do GPP

Hoxe o Grupo Parlamentario Popular incluíu nas súas propostas de resolución do Debate do Estado da Nación importantes reivindicacións para Galicia, despois de que o Presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, demostrase a máis absoluta ineficacia na defensa dos sectores produtivos da nosa comunidade.

A economía española é, de todas as grandes economías desenvolvidas, a que máis está sufrindo os efectos da crise económica no mercado de traballo, nas contas públicas e na súa capacidade de crecemento e recorda que, lamentablemente, desde o inicio da crise, en España destruíse o 64% de todo o emprego da zona euro, e o 39% en toda a Unión Europea e que a taxa de paro no noso país, do 20,05%, duplica a media da Unión Europea.
O GPP recolle nas súas propostas de resolucións cuestiones esenciais para os galegos, como que o Goberno traballe ante as institucións europeas, e en especial ante a Comisión, para levantar o veto á construción naval civil por parte do asteleiro de Navantia-Fene, en cumprimento das numerosas resolucións aprobadas polo Congreso.

Así mesmo, o Grupo Parlamentario Popular tivo a máxima sensibilidade cara ás reivindicacións de Galicia e tamén recolle nas súas propostas de resolución unha aposta polo sector pesqueiro galego e español. Neste sentido, exponse que o Goberno, ante as diversas formulacións no proceso de reforma da Política Pesqueira Común en curso, defenda na Unión Europea os seguintes contidos:

- Supresión do concepto de estabilidade relativa e introdución de dereitos transferibles de pesca á flota de altura. Xestión baseada no control do esforzo de pesca. - Potenciar a actividade pesqueira dos buques comunitarios en augas exteriores de forma sostible, promovendo os acordos de asociación pesqueira.
- Promover plans de xestión en todos os nosos caladoiros de augas nacionais, en colaboración coas CC.AA., o Instituto Español de Oceanografía e o sector pesqueiro, de acordo co Regulamento CE 2371/2002.

- Establecer as medidas adecuadas para que non continúe a diferenza entre prezos en orixe e prezos en consumo dos produtos pesqueiros, potenciando o papel das organizacións de produtores pesqueiros e a información sobre os mesmos cara ao consumidor, unido a unha promoción adecuada e un rigoroso control das importacións.

- Mantemento do fondo europeo da pesca (FEP) coa ampliación das súas medidas a certos colectivos non incluídos ata agora, como o marisqueo e as redeiras.

- Creación dun Fondo Comunitario de Despezamento para eliminar o excedente en capacidade de pesca.

- Distinto tratamento en canto a medidas de xestión para as flotas artesanal e industrial.

De cara á defensa do importantísimo sector lácteo de Galicia, incluimos tamén unha proposta de resolución relativa a abrir, nos próximos meses, un debate sobre a reforma da Política Agraria Común. Reclamamos unha defensa activa do sector lácteo ante as institucións europeas, definindo políticas de apoio e traballando, tamén a escala nacional, para facilitar os necesarios equilibrios no mercado que permitan aos produtores a viabilidade das súas explotacións.

Finalmente, o PP tamén defenderá, dentro da súa proposta de resolución económica, na que expón pór en marcha un Plan Global e un calendario urxente de reformas para recuperar a senda do crecemento e da creación de emprego, un Plan estratéxico de apoio ao sector turístico que lle permita mellorar a súa posición competitiva fronte a novos mercados e destino emerxentes e manter a súa contribución ao PIB nacional. En particular e, tendo en conta que este ano é ANO SANTO XACOBEO, reclamamos que se apoie decididamente polo Goberno a promoción de actos que contribúan á atracción de peregrinos a este excepcional evento cultural e turístico.

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/07/16/galicia/1279306706.html