sábado, 19 de junio de 2010

Faleceu D. Victorino Núñez

Hoxe faleceu D. Victorino Núñez Rodríguez a quen coñecín por primeira vez na etapa da transicción nas filas da UCD; eu era un militante das xuventudes dese partido.

Entre outros cargos foi deputado no Congreso, electo por Ourense nos comicios xerais de 1989 e causou baixa o 15 de xaneiro de 1990. 

Nese ano presentouse como candidato ás eleccións autonómicas galegas e foi elixido deputado na terceira Lexislatura e permaneceu como Presidente do Parlamento de Galicia durante sete anos.

O meu recoñecemento a ese gran político e o meu sentido pésame á súa familia.

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=10297&corte=2010-06-20&hora=14:55:56&canle=tvg1