jueves, 6 de mayo de 2010

No faladoiro de Radiovoz: a entrevista Zapatero-Rajoy


Hoxe estiven como todos os xoves pola mañá, desde as 8,35 ás 9,30 no faladoiro de Radio Voz, compartindo antena cos tamén deputados no Congreso Francisco Jorquera, Xabier Carro e o xornalista Ernesto Sánchez Pombo e todos moderados por Antía Díaz.

Abordamos como tema principal a entrevista de onte na Moncloa entre o presidente do Goberno e o do Partido Popular.

Recordei que a reunión celebrouse a instancias do propio presidente e que na orde de día fixado por Zapatero figuraban dous asuntos: Grecia e a reestruturación do sistema financeiro.


Respecto do primeiro dos temas dixen que Rajoy reiterou o apoio ao país helénico pué así se defende o interese de España, a pesar de que teremos que prestar a Grecia 9.800 millóns de euros que á súa vez terá que pedir prestado o noso país. O apoio do PP a esta decisión baséase en que a nosa aposta económica é o euro e porque, nestes momentos, o mellor xeito de defender o euro e a España é apoiar a Grecia.

Respecto do segundo dos asuntos tratados alcanzáronse dous acordos: O primeiro axilizar o proceso de reestruturación do sector para asegurar que todas as entidades financeiras que poidan acollerse ao FROB fágano antes do 30 de xuño. E o segundo acordo é que nos próximos tres meses expuxesen unha reforma da lexislación das Caixas de Aforro, especialmente da LORCA, para alcanzar un marco xurídico estable que garanta a independencia dos seus órganos de goberno e aumente a transparencia da súa xestión así como a responsabilidade e o control sobre os administradores.

Un acordo importante pois en España non hai crédito para as pequenas e medianas empresas, nin para as familias. Cada vez hai menos crédito e, sen crédito, non hai investimento e, sen investimento, non hai emprego.

E resaltei ademais nas miñas intervencións no faladoiro que Rajoy tras este encontro con Zapatero sinalou con responsabilidade que eses acordos non son suficientes e que hai que falar as cousas con claridade. E que o exemplo de Grecia demostra que esperar a que escampe non conduce a nada e o exemplo de Grecia tamén demostra que, se non se actúa, outros o farán por nós e as decisións terán que ser moito máis duras.

E reiterei que hai que facer un plan xa, coherente, e un plan que englobe o groso das actuacións de política económica que España necesita neste momento. E cun gran obxectivo nacional que é crear emprego. Para iso é preciso: reducir o déficit e o gasto público, reestruturar o sistema financeiro e realizar unha reforma laboral de verdade.

Finalicei recordando as palabras de Rajoy na súa rolda de prensa na Moncloa: “E tamén, isto xa non llo dixen a el pero si a todos vostedes e aos españois, aquí hai unha alternativa e, desde logo, sendo como é a situación difícil e sendo preciso e necesario tomar medidas, hai unha alternativa disposta a asumir o reto cando os españois decídano”