Hoxe os deputados galegos do PP no Congreso presentamos unhas preguntas para que o ministro de Fomento, José Blanco, confirme en sede parlamentaria o seu compromiso a manter os prazos subscritos no Pacto do Obradoiro para a Alta Velocidade en Galicia, a pesar do obrigado recorte na programación de infraestruturas que o Goberno verase obrigado a facer por non cumprir os obxectivos de redución do déficit marcados por Bruxelas.
Tras a comparecencia de Blanco o pasado mércores na Comisión de Fomento, na que non desvelou como afectaría este recorte aos proxectos de infraestruturas de Galicia e eludiu concretar se o compromiso da chegada do AVE á nosa Comunidade mantíñase para o 2015 ou se atrasaba un ano máis, aínda que si dixo que todas as Comunidades Autónomas veríanse afectadas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu por carta a inmediata convocatoria da Comisión de Seguimento do Pacto do Obradoiro e logrou arrincar ao ministro, por segunda vez, o compromiso por escrito dos prazos comprometidos con Galicia.
Con todo, as tranquilizadoras palabras do ministro, que asegurou por carta a Feijóo que nada cambiará en relación ao Protocolo de desenvolvemento da rede de alta velocidade a Galicia asinado o pasado ano, chocan frontalmente coas declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que ao día seguinte recoñecía que habería recortes e que a alta velocidade galega sufrirá unha "retraso do proceso de materialización".
Ante estas claras diverxencias, entendemos que Blanco está obrigado a explicar a quen debemos crer e se cumprirá ao que se comprometeu en dúas ocasións por escrito ou pola contra ten razón o seu delegado do Goberno.
É importante que o ministro de Fomento confirme en sede parlamentaria quen di a verdade, xa que, pola contra, parece que se dividiron os papeis e el encárgase da propaganda e as boas noticias mentres que deixa aos demais os recortes e os incumprimentos. É o momento de realidades, non de estratexias mediáticas.
Recordamos que Blanco non desvelou como afectaría o recorte aos proxectos das autovías e do ferrocarril en Galicia, aínda que anunciou xa algunhas malas noticias para todos os galegos como que non se farían dous dos AVES do Plan Galicia: O AVE do Cantábrico e o AVE Ponferrada-Valdeorras-Monforte.
Lembramos que Galicia pechou o exercicio 2009 cumprindo o obxectivo marcado polo propio Goberno central do 1% de déficit, grazas a unha política de austeridade e control do gasto impulsada polo presidente Núñez Feijóo, polo que subliñou que os galegos, que si fixeron os seus deberes e ademais víronse marxinados polo Goberno socialista en materia de infraestruturas durante todo o mandato de Magdalena Álvarez, non poden pagar novamente a mala xestión do PSOE con máis atrasos no AVE.
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=395357
http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_8508077&idSeccion=9D499C8D0A80B1980007D8BB1AB0D78E
http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_8508077&idSeccion=9D499C8D0A80B1980007D8BB1AB0D78E