jueves, 27 de mayo de 2010

Correos deixou sen gastar o 71% do investimento previsto para Ourense en 2009

O pasado día 11 de xaneiro os depuados ourensans do PP presentamos unha batería de preguntas no Congreso sobre a execución do orzamento de 2009 consignado pola Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A. na provincia de Ourense. A resposta gobernamental acaba de chegar fai escasos días e non pode ser máis lamentable. O Executivo confirma que o importe total dos investimentos realizados por esa Sociedade Estatal na provincia de Ourense a 31 de decembro de 2009 ascendeu a 360.570 euros, o que representa un grao de execución de apenas o 29 % respecto ao orzamento inicial.

A estes efectos é preciso recordar que na Lei de Orzamentos Xerais do Estado a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A. consignáronse 1.246.000 €, dos que non se gastaron 884.660 e, é dicir o 71 % do presupostado. Dentro do desglose da suma executada chama a atención o dato que coñecemos de que o gasto no capítulo dedicado a construcións só foi do 23 % do orzado. Quedaron sen gastar un total de 418.110 euros, que terían que ser destinadas á adaptación e obras en moitas das nosas oficinas de correos, algunhas delas obsoletas, así como á posta en funcionamento doutras como a nova de Xinzo de Limia cuxas obras estiveron paradas case dous anos aínda que recentemente reiniciáronse.

Pero o peor é que o pasado día 14 de maio, a Dirección de RR.HH. da S. E .Correos e Telégrafos S.A. resolveu a 1ª fase do Concurso Permanente de Traslados, sen que na provincia de Ourense cubríranse ningunha das vacantes de cartería rural que existían, que son:

Piñeira de Arcos (Sandiás) que leva máis de 4 anos vacante, ou as 3 Carterías do Concello de Baños de Molgas, as Carterías Rurais de Regodeigón e Camporrredondo (ambas de Ribadavia) que levan 2 anos sen cubrirse, Castrelo de Miño, A Derrasa (Pereiro de Aguiar) de nova creación cuberta sempre con persoal eventual de xeito rotativo desde fai 2 anos, a de Reigada (Manzaneda) con máis dun ano vacante, as de Muiños e Ribeiro (de Bande), a de Grou (Lobios), a de Navea (Trives), a de Beariz, a de Pazos de Arenteiro (Boborás), a de Acevedo (Celanova), a de Mourisco (Paderne), a de Coles, a de Lobás (Carballiño). Para os deputados populares ourensáns, esta situación é máis lamentable na medida en que para todos estes postos vacantes había aspirantes, moitos deles ourensáns, que traballando en destinos foráneos - moitos en Barcelona e Madrid - aspiraban a volver traballar á súa provincia.

Ademais de deixar sen cubrir unhas vacantes que son necesarias para que se preste na nosa provincia un adecuado servizo postal, cáusanse enormes problemas a persoas que sofren desarraigamento familiar e penurias económicas. Unha vez máis, os deputados populares denunciamos que se incumpre a III Directiva Postal Europea e que a correspondencia non chega a todos os lugares e a todos os cidadáns coa frecuencia esixida, sobre todo no ámbito rural, e que non está garantida a prestación do Servizo Postal Universal 5 días á semana á marxe do lugar de residencia de todos os cidadáns.

Non vamos a permanecer impasibles ante estes recortes de execución do investimento en Correos nin tampouco en relación coa non cobertura destas vacantes e volveron a formular novas iniciativas parlamentarias para pedir explicacións e que se corrixa esta situación de auténtica discriminación cara á provincia de Ourense.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/05/27/0003_8510346.htm
http://www.laregion.es/noticia/124906/correos/invirtio/presupuesto/ourense/


http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/05/27/pp-denuncia-correos-dejo-gastar-71-presupuesto-destinado-ourense/442398.html

http://www.ourensedixital.com/_novas/10/05/27_03.htm