martes, 18 de mayo de 2010

Circunvalación Norte e Autovías

Onte respostaba a unhas preguntas que me facía o periodista da edición ourensá do Faro de Vigo, X.M. del Caño en relación coa situación dos investimentos do Estado en Ourense.

Achego o link deste artigo no que falo do atraso de case dez anos da Circunvalación Norte de Ourense, unha via pensada para liberar o centro urbano do paso de miles de vehículos cada día, ao enlazar a N-525 coa N-120.

Tamén fálase da autovía de Ourense a Lugo que rexistra unha demora de catro anos, e que dos 68,8 quilómetros da autovía Ourense-Lugo só están en obras 9,7 quilómetros, entre San Martiño e A Barrela Norte. O resto está en proxecto. Esta infraestrutura tiña que estar concluída, segundo os compromisos contraídos, entre 2008 e 2010.

Tamén da consta do estado do proxecto da autovía que unirá Ourense con Ponferrada (A-76), de 125 quilómetros, é que resulta imprescindible para comunicar a cidade de Ourense con Ponferrada por Valdeorras, en condicións de calidade, dado que a N-120 é unha estrada insufrible, que ademais se atopa sobresaturada, polo tránsito de camións que transportan a lousa.

Tamén da conta o artigo de que reclamo que se acometa a circunvalación do Barco de Valdeorras, cun trazado de 6,5 quilómetros, tendo en conta que na actualidade os camións que transportan a lousa teñen que circular polo centro do centro urbano.

Finalmente recolle a miña valoración sobre a necesidade de abrir ao tráfico antes do verán a autovía que comunica Verín con Chaves, logo de anos de demora.