O BOE do día 29 de decembro de 2009 publicaba tres Resolucións da Entidade Pública Empresarial Administrador de Infraestructuras Ferroviarias de data 23 de decembro de 2009, polas que se anunciaba a licitación mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación do proxecto de construción de tres tramos ourensans da plataforma da Liña de Alta Velocidade Madrid Galicia. Olmedo-Medina-Zamora-Pobra de Sanabria-Lubian-Ourense.
Tramo Porto-Miamán: O prazo de execución é de 40 meses e o Importe neto: 88.695.132,38 euros. IVE (%): 16. Importe total: 102.886.353,56 euros.
Tramo: Miamán-Ponte Ambía: O prazo de execución é de 40 meses e o importe neto: 72.598.786,72 euros. IVE (%): 16. Importe total: 84.214.592,60 euros.
Tramo: Ponte Ambía-Taboadela: O prazo de execución é de 36 meses e o importe neto: 80.960.278,33 euros. IVE (%): 16. Importe total: 93.913.922,86 euros.
Agora con data de 2 de maio de 2010 o Ministerio de Fomento da a coñecer que o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, adxudicou por importe de 245.902.390 as obras destes tres tramos.
O contrato adjudicado do tramo de 6,5 Km entre Porto e Miamán ten un presuposto de 88.698.325,4 euros e as obras son adxudicadas á Unión Temporal de Empresas formada por Corsan-Corviam e Hidroestructuras.
As obras dos 6,7 km do tramo Miamán-Ponte Ambía son adxudicadas por 74.588.864,6 euros á UTE formada por Constructora San José e Obras Subterráneas.
Finalmente o contrato dos 9 km entre Ponte Ambía e Taboadela foi ten un presuposto de 82.615.200 e as obras foron adxudicadas á empresa Vías y Construcciones.
Agardaremos á publicación no BOE para coñecer os detalles desta adxudicación.
En calquera caso é unha boa e esperada noticia.
Agardaremos á publicación no BOE para coñecer os detalles desta adxudicación.
En calquera caso é unha boa e esperada noticia.
Agora toca agardar o comezo efectivo destas obras (previsiblemente en setembro de 2010) e á licitación dos outros 74 km que corresponde a parte replantexada e os 17 km restantes da variante de Ourense, que está pendente de resolver as alegacións ó estuio informativo.