O Goberno segue incumprindo os seus compromisos coa Circunvalación Norte de Ourense e concluíu o primeiro trimestre do 2010 sen someter a información pública o proxecto da Circunvalación Norte de Ourense, un importante viario que conectará as estradas N-525 e N-120 e que permitirá liberar á cidade do tráfico de miles de vehículos diarios.
O pasado mes de febreiro, en resposta parlamentaria, o Executivo aseguraba: “Está previsto que o Proxecto poida someterse a mentada Información Pública no primeiro trimestre de 2010”, pero o devandito prazo superouse e o Goberno, novamente, volveu a defraudar as expectativas dos ourensáns.
Unha vez mais recordo que se trata dunha estrada de só 5,8 quilómetros cuxo estudo inicial aprobouse en xaneiro do 2001, polo que os veciños de Ourense levan máis dunha década de atrasos e incumprimentos inxustificados.
E outra vez lamento a falta de vontade política do Executivo socialista respecto desta importante infraestrutura e subliña que se realmente estivese nas previsións do Goberno de Zapatero cumprir os seus compromisos con Ourense non consignarían nos PGE do 2010 tan só 10.000 euros.
Lembro que o compromiso inicial do Ministerio de Fomento era ter finalizada a redacción do proxecto de construción da Variante Norte de Ourense en outubro de 2008. Incumprido este prazo e tras requirir información á secretaria de Estado de Infraestruturas, Josefina Cruz, ista comprometeu, na súa comparecencia na Comisión de Fomento do Congreso o 19 de decembro de 2008, unha nova data límite: xuño de 2009, pero tras novos e constantes incumprimentos e sobradamente vencidos aqueles prazos, os ourensáns seguen á espera deste viario, que é de vital importancia.
Seguiremos urxindo ao Goberno ata que cumpra os seus compromisos respecto da Circunvalación Norte de Ourense, xa que a súa posta en marcha evitará que Ourense teña que recibir todo o tráfico procedente da zona norte, desde Lugo, Santiago e Monforte, ademais de ofrecer alternativas ao procedente de Madrid e Celanova.
A terceira cidade de Galicia en poboación, con 110.000 habitantes, precisa con urxencia dispor desta circunvalación e os ourensáns non merecen un Goberno que constantemente incumpre os seus compromisos e que se salta constamente os prazos que eles mesmos dan.
http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_8398139&idSeccion=75B7B43F0A80B197001770399536394C
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/04/06/bng-pp-echan-cara-zapatero-retraso-ave-circunvalacion-norte/426387.html
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=333989
http://www.ourensedixital.com/_novas/10/04/06_04.htm
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/04/06/bng-pp-echan-cara-zapatero-retraso-ave-circunvalacion-norte/426387.html
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=333989
http://www.ourensedixital.com/_novas/10/04/06_04.htm