viernes, 23 de abril de 2010

Informe do Fondo Monetario Internacional

Acabamos de coñecer as previsións macroeconómicas do Fondo Monetario Internacional.

O FMI confirma que España seguirá en recesión este ano cunha caída do PIB do 0,4% en liña co Banco de España. Esta previsión é máis pesimista que a do Goberno (-0,3%). España, Grecia (-2%), Irlanda (-1,5%) e Chipre (-0,7%) serán os únicos países da Zona Euro que continúen rexistrando taxas negativas, mentres que a media das economías avanzadas será do 2,3%.

Outros países como Francia (1,5%), Alemaña (1,2%), Reino Unido ( 1,3%) e Italia (0,8%) empezarán a crecer en 2010, e o dobre do que o fará España en 2011 ( 0.9%).

A taxa de paro será a maior de todos as Economías Avanzadas este ano (19,4%) e o que vén (18,7%). Estas previsións son máis negativas que as elaboradas polo Goberno (18,4% en 2010, 17% en 2011).

Os datos están moi por encima da media da zona euro, que terá un desemprego do 10,5% este ano e o próximo.

Finalmente o FMI recomenda a España adoptar medidas que a medio prazo impulsen o crecemento económico e ancoren as expectativas fiscais como elevar a idade de xubilación en sintonía coa esperanza de vida ou recortar gastos non produtivos.